Skip to Content

Aliméntate Ben. Materia Matemáticas

Na área de Matemáticas os alumnos "despois de repasar os principais grupos de alimentos e as súas propiedades, nunha ficha os rapaces atopan as recomendacións da OMS sobre das proporcións de cada tipo de alimento na alimentación dos adolescentes, e nunha listaxe aparecen unha variedade de alimentos e os seus aportes principais.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

A primeira parte da tarefa consiste en apuntar no cadro superior a merenda que toman nun dos recreos, e desglosar os aportes en gramos e porcentaxes da cantidade diaria recomendada.

A segunda parte consistiu en facer un menú equilibrado para o día completo, utilizando os alimentos da lista ou buscando novos alimentos na rede, tratando de respectar as porcentaxes establecidas. Finalmente os grupos presentan os seus menús e valorase o seu equilibrio e idoneidade para os rapaces desta idade.



page_ppp | by Dr. Radut