Skip to Content

"Derrocando o estigma: implicacións do Trastorno Obsesivo Compulsivo", recibimos a visita de María Tubío Fungueiriño

O pasado venres 20 de abril, o alumnado de psicoloxía de 2º de bacharelato recibiu a visita de María Tubío Fungueiriño, psicóloga doctoranda que investiga no grupo do CIMUS "Genomics and bioinformatics". A investigadora impartiu unha charla titulada "Derrocando o estigma: implicacións do Trastorno Obsesivo Compulsivo".

O departamento de filosofía convidou a Tubío Fungueiriño a visitar o noso centro a raíz da visita ao CIMUS e queda agora moi agradecido de que ela aceptase a invitación e moi satisfeito polo ameno e didáctico encontro da investigadora na aula falando do TOC coas alumnas e os alumnos.

Máis información | Genomics and bioinformatics (CIMUS)



story | by Dr. Radut