Skip to Content

Blogues

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA curso 2021-22

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA curso 2021-22

Club de lectura

A xente dos clubs de lectura disfruta dunha adaptación do Manga nos cines As Cancelas. De 1º de ESO a 1º de Bacharelato convivindo.

 

O encéfalo humano

O día 7 de febreiro visitounos a profesora titular da Universidade de Santiago Jannette Rodríguez Pallares,  realizou cos alumnos do STEM bach a actividade teórico -práctica : O encéfalo humano na saúde e na enfermidade.

Jannette e o seu equipo busca estratexias terapéuticas para a enfermidade de Parkinson. Falou cos nosos alumnos sobre esta enfermidade, o que se sabe dela e as liñas de investigacións nas que ela e o seu equio está a traballar. O alumnos puideron observar ao microscopio mostras de roedores con lesións da enfermidade de Parkinson.

 O encéfalo humano

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

PLAN DE TRANSPORTE

Plan de Transporte 2017-18

1º Premio do concurso municipal "A auga e as árbores" para Amparo Giménez Hernández, de 1ºESO B

Amparo Giménez Hernández, alumna de 1º de ESO foi a gañadora do primeiro premio do concurso “A auga e as árbores “, polo seu traballo “Outono”. O concurso foi organizado polo Concello de Santiago, con motivo da conmemoración do “Día da árbore e a auga”. O debuxo de Amparo ilustrou as dos escolares que participaron na plantación de cerca de trescentos árbores no parque Avilés de Taramancos, en As Cancelas.

 

A nosa alumna Beza Vaamonde Balado, de 3ºB, foi agasallada co 4º premio. Felicidades ás dúas!

Conmemoración no Xelmírez II, o 25 de novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

Porque:

 

o   A violencia contra a muller é unha violacióos dereitos humanos.

 

SEGUNDA SESIÓN DO OBRADOIRO Di K Non NA UTE DE TEIXEIRO

 

A segunda sesión do Obradoiro de prevención de drogodependencia Di K Non, realizouse na UTE do centro Penitenciario de Teixeiro. Alí se desplazaron 32 alumnos, seleccionados por sorteo, acompañados pola orientadora Cruz Présas e profesores do centro. Nesta sesión  os membros da comunidade educativa, situáronse nun contexto de privación de liberdade para comprender as consecuencias do consumo  e/ou uso de drogas. Algunhas destas sustancias adictivas(alcol, tabaco...), non están moi alonxadas dos entornos do alumnado e esa familiaridade dificulta o exercicio da capacidade de reflexión crítica para tomar decisións persoais responsables.

O ALUMNADO DE 1ºESO C ESTUDA A CALIDADE DA AUGA NO RÍO CORGO

 

O alumnado de 1ºC da ESO realizou un traballo de campo para analizar a calidade da auga do río Corgo, baixo a dirección da profesora Elvira Cienfuegos. O estudo está integrado dentro do Proxecto Ríos, una iniciativa de educación ambiental e compromiso cidadá coa conservación, protección e mellora dos ríos e humidais.

 

O ALUMNADO DE 1º ESO C ESTUDA A CALIDADE DA AUGA NO RÍO CORGO

O alumnado de 1ºC da ESO realizou un traballo de campo para analizar a calidade da auga do río Corgo, baixo a dirección da profesora Elvira Cienfuegos. O estudo está integrado dentro do Proxecto Ríos, una iniciativa de educación ambiental e compromiso cidadá coa conservación, protección e mellora dos ríos e humidais.

 

 

O ALUMNADO ASISTE AOS CONCERTOS DIDÁCTICOS NO AUDITORIO DE GALICIA

 

A profesora de música Carmela Cobo acompañou, como cada ano, ao alumnado do IES Arcebisppo Xelmírez II aos Concertos Didácticos programados no Auditorio de Galicia, concebidos e destinados específicamente para un público xoven. Valora estes concertos como accións educativas excepcionais na medida que permiten achegar ao alumnado á música nunhas excelentes condicións de interpretación  producción, utilizando ademáis procedementos didácticos adecuados.

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA FILOSOFÍA

 

O Día Mundial da Filosofía celébrase o terceiro xoves do mes de novembro. A Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) declarou oficialmente a súa conmemoración no ano 2005. O seu obxectivo é destacar a importancia desta disciplina, especialmente de cara ao xóvenes, e incidir no seu interese na medida en que “estimula o pensamento crítico e independente e é quen de traballar para un mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia.»

O ALUMNADO DO IES ARCEBISPO XELMÍREZ II PARTICIPA NO OBRADOIRO DI K NON

 

O alumnado de 3º e 4º da ESO do I.E.S. Arcebispo Xelmírez II participou esta mañán na primeira fase do OBRADOIRO DI K NON para a prevención do consumo de drogas en adolescentes. Este obradoiro, patrocinado pola Fundación Barrié, correu a cargo do personal da Unidade Terapéutica Educativa (UTE) do Centro Penitenciario de Teixeiro.

O IES ARCEBISPO XELMÍREZ II 4º CLASIFICADO NA XXXVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO

Un ano máis a aposta do IES Arcebispo Xelmírez II por promocionar o Deporte entre o noso alumnado, coa fin de contribuir ao desenvolvemento dunha xuventude activa e saudable, viuse compensado por un novo galardón no eido deportivo. Na 37 edición da carreira pedestre popular, organizada polo xornal El Correo Gallego, o noso centro acadou un honroso 4º lugar na clasificación. Algúns dos nosos alumnos e alumnas estiveron entre os mellores clasificados.

A alumna Raquel González Tojo, primeira clasificada do centro, recollendo o seu premio.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut