Skip to Content

No centro

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz no centro, con poemas, bailes e cancións.

Iremos colgando nestes días as fotos e vídeos da celebración.

- Faro de Vigo.

CONCURSO "PILABOT"

Tres pilas en Pilas - GIF Animado | REYGIF

Este curso, o alumnado de primaria participará no concurso Pilabot da Xunta de Galicia de recollida selectiva de pilas usadas nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia.

Cada alumno/a levará á casa unha caixiña para depositardes nela todas as pilas usadas que vaiades xuntando durante este trimestre. Cando cheguedes a enchela ou cando remate o prazo de participación (que vos comunicaremos máis adiante), poderedes traelas ao cole para envorcalas no colector común do que dispoñemos no centro.

BOAS FESTAS!

NO FARO E NA VOZ

A noticia do obradoiro que nos ofreceu este venres a asociación estradense Camiño Circular aparece no Faro de Vigo e na Voz de Galicia de hoxe.

CAMIÑO CIRCULAR

IMG_20211105_100918.jpg

Hoxe recibimos a visita de dúas compoñentes da cooperativa de dinamización rural Camiño Circular, que nos trouxeron as súas caixas de produtos 100% estradenses, recollidos directamente dos seus colaboradores. Foi un obradoiro de concienciación sobre a produción local e o consumo de proximidade, titulado Eu como do local. 

Ademais, participaremos no concurso creativo que van organizar no mes de decembro co obxectivo de concienciar sobre unha alimentación saudable de proximidade e respectuosa coa contorna. O concurso titularase A Estrada Creativa: Eu como con ollo, e ti? e organizarase en catro modalidades: debuxo, canción, poesía e narrativa. Os centros poderemos elixir as modalidades nas que queiramos participar.

Ide ás Galerías para ver as fotos do obradoiro.

- Xornais.

CAMPAÑA SOLIDARIA

Como lavar roupas íntimas e delicadas

Un ano máis, participamos na campaña solidaria de recollida de roupa e calzado para a ONG Global Humanitaria.

Podedes depositar as vosas achegas na entrada ao centro ata o venres 29 de outubro.

Grazas pola vosa colaboración.

AS NOSAS VIDEOCONFERENCIAS, NO XORNAL

IMG-20210427-WA0031.jpg

Hoxe o Faro de Vigo recolle a noticia do ciclo de videoconferencias con escritores de literatura infantil e xuvenil que mantivo o alumnado de 4º, 5º e 6º do centro sobre libros destes autores/as lidos previamente na clase.

Tedes as fotos nas Galerías.

O COLE NA PRENSA DE HOXE

▷ Periódicos: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

No Faro de Vigo e na Voz de Galicia de hoxe aparecen as noticias da celebración da Semana do Libro e do Día da Terra no noso centro.

VISITA VIRTUAL AO NOSO CENTRO

Visitade de xeito virtual o noso centro neste vídeo para coñecerdes todas as instalacións.

Para saber da localización do centro, premede aquí.

Se queredes consultar algunha dúbida ou solicitar máis información, podedes dirixirvos a nós a través do teléfono do centro (886 151 055) ou do correo electrónico ceip.villar.parama@edu.xunta.gal.

O ENTROIDO DO NOSO COLE CHEGA AOS XORNAIS

FARO DE VIGO

Picade nas imaxes para ler as noticias sobre o Entroido no noso centro recollidas no Faro de Vigo e na Voz de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut