Skip to Content

No centro

Vídeo Samaín 23

Aquí vos vai un vídeo resumo do Samaín deste ano!

PLAN PROXECTA+ E CP INCLÚE

Resolución de 22 de junio de 2023, por la que se regula el Plan Proyecta+ y  se establecen las bases para la participación de los centros docentes  sostenidos con fondos públicos durante

Segundo a relación definitiva de centros docentes seleccionados en cada programa educativo do Plan Proxecta+ durante o curso escolar 2023/24, o noso centro resultou admitido para participar nos seguintes programas do Plan Proxecta+:

  • 01. Nutriescolas.
  • 18. ProxectoTERRA.
  • Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD).

Revista Curso 2012-13 | CEIP CASTELAO RIANXO

Tamén estamos incluídos/as na listaxe definitiva de centros seleccionados para participar nos Contratos-Programa Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2023/24. O noso centro foi admitido nas seguintes modalidades:

  • 02. IGUÁLA-T
  • 03. CONVIVE-T
  • 04. INCLÚE-T
  • 05. EMOCIÓNA-T

Lecturas de Samaín

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

O martes 24 de outubro foi o día das Bibliotecas Escolares. 

Nós para conmemoralo, aproveitamos esta data para a súa inauguración despois da remodelación que houbo o curso pasado.

Durante as semanas previas fixemos un concurso chamado "Blackout Poetry", nesta actividade que consistía en resaltar unhas palabras dunha páxina dun libro vello (así dáselle unha segunda vida) e compoñer unha frase poética; á súa vez fíxose un debuxo relacionado coa frase. Estes foron os gañador@es:

E así quedou a Porta da biblioteca!

 

 

Outra actividade para a inauguración foi: Padriños e Madriñas lectores. Esta actividade que consiste en que os máis veteranos do colexio lle len un conto aos máis pequenos e pequenas. Seguiremos cada mes apadriñando e amadriñando aos máis cativos!

SAMAÍN

Celebramos o samaín con moitas actividades!

Mandatos da Maruxaina: Desde o xoves fomos seguindo uns mandatos de parte desta serea galega relacionandoo co Proxecto do Centro "Amar o mar"


            

Merendas terroríficas: Tamén puidemos traer merendas terroríficas seguindo estas directrices.

                        

Decoración de cabazas: Nesta actividade as familias esforzáronse moito, fixeron auténticas marabillas seguindo o Proxecto do Centro "Amar o mar".

 20231030_123529.jpg

20231031_122654.jpg

Postais: Intercambiamos postais do samaín co ceip Pérez Viondi e co ceip Cabada Vázquez.

          

Faiado do Terror: Por quendas, cada aula foi entrando nun faiado do medo. Alí foron pasando probas para poder facer unha apócema e así conseguir unhas entradas para o teatro.

     

Día do samaín: o martes 31 viñemos disfrazad@s, tivemos un recreo especial amenizado con música e con merendas elaboradas polos nenos e nenas de 5º e que puidemos degustar.

 

20231031_123027.jpg   20231031_104014.jpg

Teatro: Os alumnos e alumnas de 6º representaron unha obra chamada "ALENda do mar" baseada en varias lendas mariñeiras e resaltando a lenda da Maruxaina. A cativada entregou a súa entrada que gañara previamente no faiado do terror.   

 

 

MAGOSTO

Magosto 2017 - Colexio Alborada

 

Este 20 de outubro celebramos o magosto. Adiantámolo porque quixemos aprobeitar as castañas do noso patio.

Tivemos obradoiros de manualidades: mesturamos o mar co outono, polo que fixemos animaliños mariños con follas secas.

IMG-20231021-WA0032.jpg

Asamos castañas e logo degustámolas a ritmo de música galega do magosto.

BAILE

 

Fixemos xogos populares: zancos, xogos de madeira, sacos, pita cega, lerchas...

IMG-20231021-WA0082.jpg    IMG-20231021-WA0066.jpg

 

CLICLISMO NO COLEXIO

O martes 3 contamos coa visita do Club Ciclismo da Estrada. Jorge e Tania animáronnos a que probaramos o Club de Ciclismo e ademais, fixemos unha xincana coas bicis. O percorrido estaba cheo de obstáculos! Grazas pola visita!

VISITA DO PRAÍÑA SPC

IMG-20230619-WA0030.jpg

Hoxe recibimos no centro a visita de dous adestradores do Praíña Sporting Club de Teo.

O alumnado de infantil e primaria probou durante media hora tarefas de iniciación para xogar ao fútbol.

Se lles apetecer continuaren adestrando, levan información na mochila para unirse ao club.

Agradecémoslles aos monitores a súa visita, coa que os nenos e nenas o pasaron de marabilla.

Faro de Vigo

Galería de fotos

TENIS DE MESA

IMG-20230617-WA0067.jpg 

Este mércores tivemos a sorte de contar cos profes encargados da escola de tenis de mesa do concello da Estrada.

Todo o alumnado pasou durante media hora polo pavillón do centro para iniciarse neste deporte.

Estades convidados/as a pasar polo seu local situado en Sala Gradín, de luns a xoves de 16:45 a 21:00 h, durante o mes de xuño. En setembro volven para reiniciaren a actividade.

Se queredes anotarvos, non dubidedes en chamar a Ramón ao 607 725 189.

Pequenos/as e maiores pasárono xenial!

Galería de fotos.

Faro de Vigo.

REPENSA O QUE BEBES

Se queredes saber a cantidade de azucre que hai nas bebidas que podedes atopar no mercado, achegádevos a ver na entrada do centro o noso expositor Repensa o que bebes. Ficaredes abraiados/as!

Distribuir contido


by Dr. Radut