Skip to Content

No centro

OS MAIOS

IMG20230508125444.jpg

Nas Galerías tedes as fotos da saída do 8 de maio para apañar pampullos pola contorna do centro cos que adornarmos o noso maio, instalado na entrada do cole.

E, no Faro de Vigo, a noticia.

VIDEOCONFERENCIA SAÚDE ORAL INFANTIL

IMG20230508101106.jpg

Hoxe, 8 de maio, o alumnado de 1º ata 4º de primaria mantivo unha videoconferencia cunha dentista do Colexio de Dentistas da XI Rexión (Pontevedra-Ourense).

A charla enmárcase na Campaña de Saúde Oral Infantil do Consello Xeral de Dentistas de España, dirixida aos menores de entre 6 e 10 anos de idade de todos os centros escolares deste país.

Durante os meses de abril e maio, dentistas de toda España danlles charlas nos centros educativos aos menores, cun contido adaptado para a súa idade e con mensaxes de alimentación e hixiene básica, co fin de fomentaren hábitos saudables na poboación infantil, que de certo redundarán nun mellor benestar no seu futuro.

Ademais, xunto con estas charlas, facilitan fichas pedagóxicas para que, finalizada a exposición, se poida continuar coa formación nas propias aulas por medio de xogos co alumnado.

- Galería de fotos.

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

MUSIKENOS

IMG-20230419-WA0002.jpg

A academia estradense de música Musikenos visitounos hoxe, mércores 19 de abril, para ofrecérennos un concerto didáctico impartido polos tres profesores do centro: Alejandro Pereiras, Paco Guerra e Lara Bautista.

Neste concerto sintetizouse a evolución da música desde a época medieval ata a aparición dos instrumentos fundamentais nos que centra a súa docencia a academia Musikenos: batería, guitarra e piano.

-Fotos.

NAVEGA CON RUMBO

VII Edición del Plan Navega con Rumbo | Consellería de Cultura, Educación y  Universidad

O noso centro foi seleccionado para participar neste curso 22/23 no programa Navega con Rumbo, unha iniciativa impulsada pola Xunta en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. A resolución pode verse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39575

O programa Navega con rumbo pretende guiar o alumnado nunha navegación segura na internet de maneira útil e responsable e facilitarlles ferramentas aos docentes para o uso didáctico na aula

Especialistas do Colexio de Engeñería Informática ofrecerán xornadas divulgativas dunha hora de duración en 240 centros educativos, nas que se abordarán temas de interese, como as condutas de acoso e ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso das redes sociais. Ademais, a través dunha guía de boas prácticas, tamén se fará partícipes das recomendacións ao profesorado e ás familias, na medida en que se poidan converter en transmisores de boas prácticas de cara aos nenos/as.

PONTE NAS ONDAS

Radio Gif

Hoxe, 13 de febreiro, queremos celebrar convosco o Día mundial da Radio, que a UNESCO dedica á temática da RADIO e a PAZ. 

 
Toda a programación vai ser emitida desde o portal web ESCOLAS NAS ONDAS (www.escolasnasondas.com). 
 
Mirade esta composición realizada para Ponte...nas ondas! por artistas da lusofonía: https://youtu.be/aM7udB8aYI8 

ENTROIDO SEGURO NA PRENSA

Imagenes animadas de Prensa, Gifs animados de Personas /> Prensa

O taller Por un Entroido seguro, na prensa:

- Faro de Vigo.

FOTOS DO MAGOSTO

IMG-20221118-WA0011.jpg

Nas Galerías tedes algunhas fotos da celebración do Magosto.

Vector De Dibujos Animados Cámara De Electrodomésticos Gif | Plantilla PSD  Descarga Gratuita - Pikbest

ENCONTROS DOS XENERAIS DE VEA

Premede en YouTube para ver o vídeo en pantalla completa.

DESDE A PRENSA CON AMOR

Imagenes animadas de Prensa, Gifs animados de Personas > Prensa

Amencemos hoxe co noso centro na prensa local por mor da celebración do Día da Candeloria, o día do casamento dos paxaros.

- Voz de Galicia.

- Faro de Vigo.

NOVAS DE NADAL

Los alumnos de 5º y 6º escriben noticias para el Periódico Escolar –  COLEGIO NTRA SRA DEL ROSARIO PORZUNA (Ciudad Real)

Nestes días, fixémonos de novo un oco nos xornais do Deza coas nosas actividades de Nadal:

- A chocolatada da ANPA na Voz de Galicia.

- Chocolatada e elfos no Faro de Vigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut