Skip to Content

Boletíns

MES DA PRIMAVERA

 

Xa tedes aquí as efemérides do mes de maio, o mes da primavera, que nos preparou a profe Laura. Se premedes nas imaxes, verédelas mellor.

Consultade esta e outras novas no blog da biblioteca.

EN ABRIL, LIBROS MIL

No blog da biblioteca tedes xa á vosa disposición o calendario de efemérides do mes de abril, dedicado desta volta aos libros e elaborado novamente polo equipo de biblioteca.

Abril é o mes do libro e non só porque o 23 de abril se conmemora o Día do Libro, declarado pola UNESCO en 1995, senón tamén porque hai outras efemérides literarias importantes e as cidades se enchen dun ambiente amante dos libros.
Pero hai moito máis: Sabiades que o 1 de abril é o Día do Libro LGBT; que o 2 de abril se celebra o Día Mundial do Libro Infantil e Xuvenil;  que o 14 de abril lembramos a Simone de Beauvoir, escritora francesa feminista; e que
o 19 de abril é o Día da Lingua Chinesa?

Se queredes coñecer o que ocorreu cada día dun mes de abril do pasado en relación cos libros, invitámosvos a ler todo o calendario. Resultaravos moi interesante e aprenderedes moitas cousas novas.

CALENDARIO MARZO EFEMÉRIDES DA MULLER

No blog da Biblioteca do Souto podedes atopar un calendario de efemérides do mes de marzo, un mes dedicado á historia da muller, no que se destacan as contribucións das mulleres nos acontecementos históricos e na sociedade contemporánea. Cada día deste mes lémbrase unha efeméride na que as mulleres foron as protagonistas, malia que en moitas ocasións ficasen no esquecemento.

Premede nas imaxes para velas máis de preto.

LECTURAS DE SAMAÍN

 

Lecturas de Samaín

LECTURAS DE NADAL

Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para que todo o alumnado, desde infantil ata primaria, poida divertirse e continuar aprendendo neste Nadal.

Se premedes na imaxe, poderedes vela moito mellor e incluso descargala para tela sempre á man.

Distribuir contido


by Dr. Radut