Skip to Content

Letras Galegas

CONCURSO MICRORRELATOS E MICROPOEMAS

O equipo de coordinación de Dinamizaestrada.

A coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega, Dinamizaestrada, que agrupa todos os centros de primaria e secundaria da Estrada, presenta unha nova convocatoria do concurso de microrrelatos e micropoemas en lingua galega. Un certame que este ano chega á súa undécima edición e co que os centros pretenden promover entre o alumnado a creación literaria en galego.

Nesta ocasión, a motivación para a creación dos textos parte de palabras pertencentes aos títulos das obras de Luísa Villalta, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas o ano 2024. Así, aínda que de temática libre, os microrrelatos deben conter a palabra música, e os micropoemas, a palabra silencio.

En canto á extensión, nos microrrelatos o máximo serán cen palabras, mentres que nos micropoemas o mínimo será de dous versos e máximo de oito.

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o vindeiro 23 de febreiro de 2024 e os textos premiados serán recollidos nun libro, tal como se realizou nas edicións anteriores. Na publicación incluiranse tamén ilustracións realizadas polo alumnado de infantil de todos os centros.

O certame terá como peche a celebración no mes de maio, no Teatro Principal, da undécima edición da Festa das palabras, unha cita literaria xa consolidada na Estrada que conta coa colaboración do Concello e na que se lles entregarán os premios aos gañadores/as do certame, apadriñados/as por un/unha escritor/a.

LETRAS GALEGAS

Este ano para conmemorar as letras galegas tivemos múltiples actividades:

  • HOMENAXEADO LETRAS GALEGAS 2022

Este ano o autor homenaxeado foi Florencio Delgado Gurriarán. No cole fixemos un mural imitando o "patchwork" co seu rostro, expuxemos os cartaces coa súa vida e obra enviados pola Xunta, e traballamos diferentes unidades didácticas.

  • TRAXE TRADICIONAL

En colaboración coa asociación Tamparrantán, tivemos unha exposición coas distintas pezas do traxe tradicional. Tamén fixemos unha unidade didáctica sobre o tema e un panel informativo sobre as diferentes pezas. Todo isto estivo exposto durantes semanas na entrada.

 

  • DEBULENDO LENDAS

Tivemos unha actuación coa técnica de teatriño xaponesa Kamishibai. Debulendo é unha mestura de debuxo e ler. Ademais contáronnos varias lendas galegas os rapaces e rapazas estiveron encantados estiveron debuxando e algúns deles saíron a participar no espectáculo.

 

  • MOSTRA DO TRAXE GALEGO

Contamos coa presenza de Edu da Asociación Cultural de San Andrés de Vea que nos explicou como son e como se utilizaban varias pezas do traxe tradicional, houbo varias profes que serviron de modelo. Puidemos ver pezas do traxe de gala e pezas do traxe decotío.

 

VÍDEO ACTUACIÓNS LETRAS GALEGAS

Xa tedes aquí o esperado vídeo musical das actuacións do Día das Letras Galegas, montado pola profe de Música.

Parabéns a todos e todas, porque o festival saíu fenomenal!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

IMG-20210514-WA0031.jpg

Onte, venres 14 de maio, celebramos no patio do cole o Día das Letras Galegas con dúas actividades:

  • Percorrido realizado polo artista noiés Serafín Marcos pola vida e obra dos escritores Xela Arias e Ricardo Carballo Calero, homenaxeados co Día das Letras Galegas neste ano 2021 e no ano pasado, respectivamente.
  • Bailes tradicionais galegos coa actuación de alumnado e profesorado do centro.

Xa están publicadas as fotos nas Galerías e, proximamente, teremos tamén á vosa disposición os vídeos das actuacións.

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

- Vídeo das actuacións.

Letras Galegas

O vindeiro venres 14 de maio, co gallo das Letras Galegas, realizaremos unhas danzas populares no patio. Se é posible, trataremos de ataviarnos dun xeito tradicional:

Gorro, camisa branca e saia longa ou pantalón de "vestir".

 

Aquí tedes unhas ideas:

RICARDO CARVALHO CALERO: A PELÍCULA

Velaquí o vídeo realizado polo profe de Audición e Linguaxe, Carlos, e o seu alumnado.

A xornalista Mantra Matiste viaxa ao pasado para investigar a vida de Ricardo Carvalho Calero. Cada viaxe no tempo provoca un cambio no seu aspecto, pero iso non freará a xornalista. Conseguirá o seu obxectivo?

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Este é o vídeo-conto colaborativo do equipo de dinamización da lingua galega do centro, o alumnado, as familias e os titores/as para conmemorar o Día das Letras Galegas, sobre o conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva, con ilustracións do alumnado de infantil e 1º, 2º e 3º de primaria e audios do alumnado de 4º a 6º de primaria.

AS LETRAS E A FALA

O 17 de maio é o Día das Letras Galegas, unha celebración instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola súa defensa da lingua galega. 

Neste vídeo de Uxía coa colaboración de Tanxugueiras e Faia escoitamos o poema A fala, de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2016:

O idioma é a forza

que nos xungue e sostén.

Se perdemos a fala,

non seremos ninguén.

 FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O pasado venres día 12 de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, tivo lugar no centro o tradicional Festival das Letras na honra do escritor seleccionado este ano pola RAG, Carlos Casares Mouriño. O acto estivo cheo de música, teatro, bailes e moita diversión da que podedes dar conta se atendedes ás imaxes que xa se atopan á vosa disposición nas Galerías.

Noraboa a todos e todas!!

CARTEIS LETRAS GALEGAS

Dende o Equipo de TICs vimos de participar recentemente no Concurso - Exposición convocado pola SXPL para o autor homenaxeado nas letras Galegas 2014 (Xosé María Díaz Castro). O centro gañador na nosa categoría foi o CEIP PLurilingüe de Lagostelle polo que estamos a espera de recibir os carteis gañadores para poder publicitalos na escola. Nembargantes dende o propio equipo se estimou oportuno publicitar o traballo presentado ao concurso de tal xeito que todo o mundo poida coñecelo e valoralo. Na táboa inferior podedes atopar as miniaturas dos carteis (premendo en cada un deles poderedes acceder ao cartaz en formato orixinal), asimesmo na parte inferior deixamos tamén o enlace a unha Guía Didáctica especialmente deseñada para a exposición proposta. Esperamos que os materiais sexan do voso agrado e do mesmo xeito esperemos ter máis sorte o vindeiro curso.

No enlace lateral da dereita "Letras Galegas" tamén podedes atopar vínculos a 3 actividades interectivas que traballan a figura do autor homenaxeado en cada un dos diferentes ciclos de Ed. Primaria e realizados tamén polos integrantes do Equipo de TICs.

CARTEL 1 CARTEL 2 CARTEL 3 CARTEL 4 CARTEL 5
Enlace resolución orixinal Enlace resolución orixinal Enlace resolución orixinal Enlace resolución orixinal Enlace resolución orixinal
CARTEL 6 CARTEL 7 CARTEL 8 CARTEL 9 CARTEL 10
Enlace resolución orixinal Enlace resolución orixinal Enlace resolución orixinal Enlace resolución orixinal Enlace resolución orixinal
ENLACE GUÍA DIDÁCTICA
Distribuir contido


by Dr. Radut