Onte, 22 de maio, o alumnado gañador do concurso de micropoemas e microrrelatos Dinamizaestrada recibíu os seus premios na IX Festa das Palabras, no Teatro Principal da Estrada.
Esta semana tivo lugar a gravación do noticieiro Dinamiza TV, para iso acudiron ao centro Lucas Terceiro de Paula Cereixo, que ademais de gravar, ensináronnos o que hai detrás da set de rodaxe. Aquí tivéronse que por en marcha os equipos de son, imaxe e iluminación. Foi un pracer contar no centro con esta actividade.
Tamén contamos coa presenza de Desiré Pillado actriz de dobraxe e teatro e coñecida polas series de A Estiva e O sabor das margaridas.
Presentación na Estrada do libro No bico do vento da escritora Charo Golmar e na que Esther e Celia representaron ao noso colexio co recitado o poema Colleita. Grazas por todo!
Este ano as gañadoras de Micropoemas son: Alma Rey, Lara López e Inés Rey e os gañadores e gañadoras de microrrelatos son: David Chicharro, Carlota Loureiro e Lucía Rey.
Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, recibiu a visita da asociación AGADEA xunto con dúas das súas usuarias. Xuntos/as compartimos un ratiño no que falamos sobre as diferentes enfermidades neurodexenerativas coma o alzehimer principalmente. Logo agasalláronnos con dous fermosos exemplares do libro “Sobremesas sobre versos” gañador do premio Simbad. Moitas grazas!
Onte tivo lugar no teatro principal da Estrada un acto para conmemorar o día de Rosalía. O noso centro participou co recitado de dous poemas: Eu cantar, cantar, cantei do libro Cantares Gallegos na que recitou Inés Rey e tamén, Basta unha morte do libro Follas Novas, interpretado por Marcos Souto.
Ademais tivo lugar a presentación do vídeo da Banda da Loba, Son un Pelouro, baseado no poema de Rosalía e na que colaborou o noso colexio ao igual que os demais centros de primaria da Estrada.