Skip to Content

Secretaría

LISTAXE ALUMNADO ADMITIDO

GIF lista - GIF animado en GIFER

Publicada no taboleiro de anuncios do interior do centro a listaxe de alumnado admitido.

Todo o alumnado que presentou solicitude no centro foi admitido.

BOLETÍNS NOTAS

Entrega de notas y reclamaciones | Colegio San Juan Bosco | Salesianas |  Salamanca

O vindeiro venres, 22 de marzo, ás 16:00 h, recibiredes na aplicación AbalarMóbil os boletíns de notas dos vosos fillos/as.

Se tedes algún problema para visualizar as notas, poñédevos en contacto co centro a través do teléfono 886 151 055 ou do correo ceip.villar.parama@edu.xunta.gal

OFERTA PRAZAS VACANTES 24/25

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO 2024/2025

ADMISIÓN CURSO 2023/24 -

CALENDARIO PROCEDEMENTO ADMISIÓN 24/25
Presentación de solicitudes de admisión

Do 1 ao 20 de marzo

Formulario solicitude admisión (anexo II)

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido Antes do 25 de abril
Reclamación contra as listaxes provisionais 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido Antes do 15 de maio
Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria Do 20 ao 30 de xuño
Prazo para formalizar a matrícula na ESO

Do 23 de xuño ao 7 de xullo

Formulario matrícula

Solicitudes

O modelo ED550B (admisión ordinaria) e os respectivos anexos estarán dispoñibles a partir día 1 de marzo: na aplicación admisionalumnado, na sede electrónica da Xunta de Galicia e no centro docente, onde se facilitará, de forma gratuíta, unha copia en papel ás persoas interesadas que a soliciten.

Forma de presentación das solicitudes: electrónica ou presencial

a) Presentación electrónica de solicitudes: A persoa solicitante ten que acceder á aplicación informática admisionalumnado e cubrir o modelo ED550B – anexo II e o modelo anexo II-bis, para o que necesariamente ten que dispoñer dun certificado de identidade e sinatura dixital (como o certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre ou calquera outro admitido pola sede) ou un sistema de usuario e clave como a Chave365.

b) Presentación presencial de solicitudes: A solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis poden presentarse no centro docente indicado en primeiro lugar. 

Normativa de aplicación: 

RESERVA PRAZA IES Nº1 CURSO 24/25

Normas Generales - Colegio de Nuestra Señora del Recuerdo

De conformidade coa Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, hoxe, día 15 de xaneiro de 2024, inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para o alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do día 15 de xaneiro ao día 5 de febreiro do 2024, ambos os dous incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos/as, que se publicará o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (edu.xunta.gal/admisionalumnado).

Tedes toda a información na circular que lle entregamos ao alumnado de 6º de primaria, á que tamén podedes acceder aquí.

INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA

Evento: Volta ao cole | Cultura de Galicia

Este luns, 11 de setembro, ás 9:00 h, iníciase a actividade lectiva do curso 23/24.

Tanto o servizo de transporte escolar coma o de comedor funcionarán con normalidade desde o primeiro día.

O horario de entrada ao centro será ás 9:00 h e o de saída, ás 13:40 h ao longo do mes de setembro. A partir do 2 outubro, o horario de saída pasará a ser ás 14:00 h e así se manterá ata o 31 de maio.

O alumnado usuario do transporte escolar entrará e sairá pola porta do aparcadoiro de autobuses e o resto do alumnado entrará e sairá pola porta principal.

LISTAS MATERIAL 23/24

Material escolar para el curso 2021 2022 – CPEIP San Miguel de Orkoien

Aquí vos iremos deixando ao longo desta semana as listas de material escolar por cursos para este ano 23/24.

LISTAS MATERIAL ESCOLAR 23/24
EI 3 ANOS  MATERIAL
EI 4 ANOS  MATERIAL
EI 5 ANOS MATERIAL 
1º EP  MATERIAL
2º EP  MATERIAL
3º EP  MATERIAL
4º EP  MATERIAL
5º EP  MATERIAL
6º EP  MATERIAL

CALENDARIO SETEMBRO

Calendar GIFs | GIFDB.com

CALENDARIO SETEMBRO

Ata o 1 de setembro

Do 4 ao 8 de setembro

  • Recollida de libros de texto do curso 23/24 do fondo solidario para 3º e 4º de primaria.
  • Recollida de vales pendentes para adquirir libros de texto e material escolar (para quen non pasou recollelos no prazo establecido en xullo).
  • Publicación das listas de material por curso.

11 de setembro

  • Inicio da actividade lectiva.

20 de setembro

CALENDARIO XULLO

Calendario Planes Sticker - Calendario Calendar Planes - Discover & Share  GIFs

PRAZOS

PROCEDEMENTOS

7 de xullo

Publicación de listaxes provisionais do fondo solidario.

10 e 11 de xullo

Reclamación das listaxes provisionais do fondo solidario.

12 de xullo

Publicación de listaxes definitivas do fondo solidario.

Do 7 ao 12 de xullo

Recollida de vales para adquirir libros de texto e material escolar.

Do 4 ao 12 de xullo.

Recollida de historiais académicos do alumnado de 6º de primaria.

Do 4 ao 7 de setembro.

  • Recollida de libros de texto do curso 23/24 do fondo solidario para 3º e 4º de primaria.
  • Recollida de vales para adquirir libros de texto e material escolar.

PRAZO DE MATRÍCULA

Matrícula primavera

O período de formalización de matrícula abranguerá do 20 ao 30 de xuño, ambos os dous días incluídos.

Esta é a documentación que tedes que presentar no centro e que podedes descargar aquí ou recoller na secretaría:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut