Este luns, 11 de setembro, ás 9:00 h, iníciase a actividade lectiva do curso 23/24.
Tanto o servizo de transporte escolar coma o de comedor funcionarán con normalidade desde o primeiro día.
O horario de entrada ao centro será ás 9:00 h e o de saída, ás 13:40 h ao longo do mes de setembro. A partir do 2 outubro, o horario de saída pasará a ser ás 14:00 h e así se manterá ata o 31 de maio.
O alumnado usuario do transporte escolar entrará e sairá pola porta do aparcadoiro de autobuses e o resto do alumnado entrará e sairá pola porta principal.