Skip to Content

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Prazo de solicitude:  do 21/5/2024 a 21/6/2024, ambos os dous incluídos

Texto da convocatoria:  Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25

Procedemento administrativo:  ED330B

♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e mais a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II  da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

Horario de Secretaría: de 10:50 a 1:45 h.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

♦ Documentación complementaria:

  • Especifícase no artigo 11 da Orde de convocatoria
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNI, NIE, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

♦ Máis información: 

Máis información, no Portal Educativo.

Ollo! As familias do alumnado de 6º de primaria non debedes cumprimentar ningunha documentación ata falardes coa secretaría do IES Nº1. Alí informaranvos de todo e acompañaranvos ao longo de todo o procedemento.

CIRCULAR INFORMATIVA DO CENTRO, repartida a todo o alumnado o 21 de maio.



story | by Dr. Radut