Skip to Content

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

 

O vindeiro mércores, 15 de maio, ás 12:00 h, celebraremos no cole o festival das Letras Galegas, ao que quedades convidadas todas as familias.

Deixámosvos o tríptico coas actuacións e datos sobre a autora homenaxeada, Luísa Villalta.

Para ver mellor o tríptico, premede nas imaxes.

16 DE MAIO: DÍA NON LECTIVO

Perseo resbalón maratón calendario gif Parásito Plantación Asesor

Segundo o establecido no artigo 7º da ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o día 16 de maio foi declarado non lectivo pola Xefatura Territorial.

Así pois, o xoves 16 de maio non haberá clases.

Lembramos que tedes os eventos destacados do curso no calendario Eventos, arriba á dereita. Recomendámosvos consultalo de cando en vez, para non perder as datas máis importantes.

OS MAIOS, NA "VOZ" E NO "FARO"

Na prensa de hoxe atopamos a celebración dos Maios no noso centro.

Premede enriba das imaxes para ler as noticias.

E, se queredes ver as fotos dese día, ide a Galerías.

HOXE, NO "FARO DE VIGO"

No Faro de Vigo de hoxe recollen a noticia da gravación no noso centro do noticiario Dinamiza TV.

Para ver as fotos desta actividade, ide a Galerías.

OS MAIOS

Hoxe tivemos no colexio a celebración dos Maios!

Fomos ao campo a recoller pampullos e outras flores, e logo, no patio do colexio, decoramos O MAIO, con cadenetas de pampullos e follas verdes.

É un orgullo desde o colexio dar a coñecer e manter esta tradición! Os rapaces e rapazas estiveron encantados!

 

DINAMIZA TV

Esta semana tivo lugar a gravación do noticieiro Dinamiza TV, para iso acudiron ao centro Lucas Terceiro de Paula Cereixo, que ademais de gravar, ensináronnos o que hai detrás da set de rodaxe. Aquí tivéronse que por en marcha os equipos de son, imaxe e iluminación. Foi un pracer contar no centro con esta actividade.

 

Tamén contamos coa presenza de Desiré Pillado actriz de dobraxe e teatro e coñecida polas series de A Estiva e O sabor das margaridas.

 

ATLETISMO EN PISTA EN CUNTIS

IMG-20240509-WA0023.jpg

Hoxe, 9 de maio, o alumnado de 5º de primaria desprazouse ata Cuntis para participar nunha xornada de atletismo en pista enmarcada no programa Xogade da Xunta de Galicia.

Mirade as fotos nas Galerías.

CORRELINGUA

O vindeiro 21 de maio, todo o alumnado do centro (agás o de 4º de infantil e o de 6º de primaria) participará no Correlingua da Estrada, con saída na praza da Feira.

Contaremos coa actriz Isabel Risco como presentadora do acto, coa actuación de Gramola Gominola e cunha gran festa final.

MENÚ MAIO

Comedor | CEIP Arquitecto Casas Novoa

Deixámosvos o menú de maio do servizo de comedor escolar.

MES DA PRIMAVERA

 

Xa tedes aquí as efemérides do mes de maio, o mes da primavera, que nos preparou a profe Laura. Se premedes nas imaxes, verédelas mellor.

Consultade esta e outras novas no blog da biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut