Skip to Content

Actividades

TEATRO VIRTUAL

DICCIONARIO DE TEATRO

O vindeiro martes, 3 de novembro, ás 10:00 h, os grupos de 1º e 2º de primaria conectaranse virtualmente a unha sesión de teatro para escolares incluída na programación de Actividades Escolares de Afundación Abanca.

Esta proposta teatral, titulada A festa continúa. Historias de ultratumba, trata a historia dun rapaz que non sente cóxegas nas fazulas e decide deixar de soñar. Porén, a música, o amor e a amizade faranlle volver a quecer as meixelas e devolveranlle unha alegría que todos acabarán celebrando cunha gran festa.

Mamá Cabra preséntanos un espectáculo en formato músico-teatral que é un canto á vida e a todas as súas manifestacións.

ENQUISA ACCESO TIC

pc-dibujo.png - Maria del Carmen

Segundo se establece no plan de continxencia do centro, "o equipo COVID do centro identificará o alumnado que teña dificultades de conexión ou falla de equipamento para que a consellería adopte as medidas oportunas que minimicen as eventuais dificultades da educación realizada por medios telemáticos".

Para dar cumprimento a este artigo, propoñémosvos que completedes a enquisa de acceso ás TIC que vos enviamos este venres en formato papel e que a entreguedes o vindeiro luns 19 de outubro.

Podedes descargar a enquisa tamén no adxunto.

GUÍA INSTALACIÓN ABALARMÓBIL

Para as familias que aínda non teñan descargada a aplicación Abalar Móbil nos seus teléfonos móbiles, resumimos aquí como facelo:

1. Entrar en Play Store (Android) ou APP Store (IOS).

2. No buscador escribir abalarMóbil e premer en INSTALAR.

3. Clicar en ABRIR e introducir o número de teléfono móbil do pai/nai ou titor legal.

4. Recibiredes un sms cun código que teredes que introducir para logo premer en ENVIAR.

5. Introducir un contrasinal e darlle a ACEPTAR.

6. O rexistro xa estaría completado.

Se, ao seguir todos estes pasos, sae unha mensaxe dicindo que non foi posible a instalación, será porque hai algún erro no resxistro do teléfono móbil na aplicación de xestión académica do alumnado. Nese caso, teredes que poñervos en contacto co centro para solventar o problema.

Vídeo de Xosé María Díaz Castro

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

 

 

 

DIA ESCOLAR POLA PAZ 2014

 

O vindeiro Venres 31 de xaneiro celebraremos na escola o DÍA ESCOLAR POLA PAZ. Este ano traballaremos a importante figura de Nelson Mandela que recentementenos deixou.

Temos pensado realizar un pequeno acto cos nenos e nenas da escola onde cantaremos algunhas cancións e decoraremos unha pomba xigante.

Algunhas das musicas propostas poden verse na parte inferior da noticia, premendo nos enlaces que alí deixamos.

A primeira delas comprende o tema composto por Solomon Linda "Wimoweh" (Tamén coñecido como "The Lion sleeps Tonight" ou "Mbube"). Este é un canto de protesta contra o réxime do Apartheid en Sudáfrica. A través da figura do león represéntase este réxime de opresión que tamén tivo que vivenciar Mandela.

O segundo tema que imos traballar amosa unha relación máis evidente co autor homenaxeado. Tratase dunha versión en castelán do famoso tema "Joanna, give me hope" composta por Eddy Grant e que mesmo chegou a estar prohibida no país citado.

Finalmente completaremos o acto con cancións traballados noutros anos.

ENLACE VÍDEO WIMOWEH

ENLACE VÍDEO JOANNA GIVE ME HOPE

DIXITALIZACIÓN DE REVISTAS

Recentemente o Equipo de TICs ven de rematar a dixitalización das revistas escolares Outeiro para o voso disfrute. Podedes acceder ao seu contido se premedes no menú lateral  "Números Anteriores" no campo Revista Escolar. Tamén podedes acceder premendo na imaxe superior. Nos vindeiros días habilitaremos outras publicacións que tamén foron dixitalizadas e que poden resultar de interese.

Antroido no Val de Vea

Recentemente o EDLG, en colaboración co Equipo de TICs do centro ven de dixitalizar un interesante documento sobre a celebración do Entroido e as tradicións ligadas ao mesmo no Val de Vea. Trátase dunha publicación que agrupa unha mixtura de artigos sobre temas diversos: persoaxes de entroido, tradicións, orixe das festas, traxes, entrevistas, comidas típicas así como a plasmación escrita dos Encontros realizados en varios anos (no 1943, 1947, 1973 ou 1981), todos eles realizados por alumnado do centro e dirixidos polo seu director de entonces D. Olimpio Arca Caldas.

Dende o EDLG entendemos da importancia da difusión deste documento como xeito de achegar a importante tradición e arraigo na nosa comunidade educativa desta festividade, especialmente no que se refire aos Encontros dos Xenerais da Ulla. Podedes acceder ao texto picando na imaxe inferior ou a través do seguinte enlace.

6º de Educación Primaria Curso 2013-2014

OUTRAS PUBLICACIÓNS

Pincha en cada revista para poder visualizala ou no PDF para descargala
PDF Curso 2005 - 2006 PDF Curso 2006 - 2007 PDF Curso 2007 - 2008
PDF Curso 2008 - 2009 PDF Curso 2009 - 2010 PDF Curso 2010 - 2011
PDF Curso 2010 - 2011 PDF Curso 1891 - 1982 PDF Curso 2013 - 2014
     
PDF Curso 2014 - 2015 PDF Curso 2015 - 2016    
Pincha en cada revista para poder visualizala ou no PDF para descargala

Camelias Dixitais

Coincidindo cao celebración do II Concurso-Exposición da Camelia en Vea, a clase de 3º de Educación Primaria elaborou unhas fermosas camelias na aula de TICs que podedes ver premendo no enlace inferior. Agardamos que sexan do voso agrado

Distribuir contido


by Dr. Radut