Skip to Content

Orientación

PLAN DIRECTOR

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de primaria participará nunha nova charla, que se impartirá dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna desenvolvido pola Secretaría de Estado de Seguridade.

 
Neste novo curso, o Plan Director, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, amplía a súa oferta de charlas informativas/formativas, destinadas tanto ao alumnado coma ao profesorado e ás familias, sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como a ciberseguridade, o acoso escolar, a violencia sobre a muller, as drogas e o alcol, as novas adiccións, os delitos de odio e discriminación, a prevención dos delitos sexuais..., charlas que son impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

CHARLAS FAMILIAS

 

O Centro de Formación e Recursos de Pontevedra infórmanos das seguintes actividades destinadas ás familias que se celebrarán no salón de actos da Biblioteca Municipal de Lalín: 

  • Venres 10 de maio ás 20:00 h: actividade formativa a cargo da prestixiosa divulgadora Eva Millet.
  • Luns 13 de maio ás 20:00 h: José Luís Abajo (Pirri), medallista olímpico de esgrima, falará sobre o método para conseguir os teus obxectivos.

Adxuntamos cartel dos eventos, que son totalmente gratuítos.

PUNTO LARANXA

Xa contamos no noso centro cun punto laranxa contra o acoso e o ciberacoso escolar, tanto físico nas propias instalacións como virtual a través da nosa web (barra lateral dereita).

Este punto, que ten en todos os centros unha imaxe común e uniforme para que sexa perfectamente identificado e accesible, funcionará como unha caixa do correo a través da cal o alumnado poderá comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.  

Para xestionar esta caixa do correo, en cada centro educativo constituíuse un equipo de actuación contra o acoso escolar, que está integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e orientador do centro. Deste xeito, o alumnado vai contar cun equipo de referencia ao cal dirixirse en caso de que o precise. Ademais, no Protocolo de acoso e ciberacoso, que se vai actualizar, establecerase un procedemento de intervención ante os posibles casos que se coñezan por esta vía.  

Visita AGADEA

Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, recibiu a visita da asociación AGADEA xunto con dúas das súas usuarias. Xuntos/as compartimos un ratiño no que falamos sobre as diferentes enfermidades neurodexenerativas coma o alzehimer principalmente. Logo agasalláronnos con dous fermosos exemplares do libro “Sobremesas sobre versos” gañador do premio Simbad. Moitas grazas!

ESCOLA DE FAMILIAS

O vindeiro sábado 20 de maio,continuando a labor que está a desenvolver o CFR en colaboración con Concello de implicar ás familias na necesaria colaboración coa escola na educación dos seus fillos/as, haberá unha conferencia a cargo de ALEJANDRO RODRIGO, autor do libro "Cómo previr conflitos con adolescentes. Claves para unha convivencia feliz".


A charla será na Biblioteca Municipal Varela Jácome, en Lalín, de balde e aberta a toda a comunidade educativa.

Premede na imaxe para vela mellor.

AXUDAS ALUMNADO NECESIDADE ESPECÍFICA APOIO EDUCATIVO

Qué es el Programa de Integración Escolar? - Ceapsi

Publicouse o 26 de abril de 2023 no BOE o Extracto da Resolución do 20 de abril de 2023, dSecretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidadespecífica de apoio educativo para o curso académico 2023-2024.

Pódense solicitar estas axudas desde o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023.

Podedes consultar todo o relativo a esta convocatoria no Departamento de Orientación do noso centro.

- Acceso á páxina do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

- Convocatoria no BOE.

PLAN DIRECTOR

Dibujos graciosos, Gracioso, Superhéroes

Un curso máis, ponse ao dispor dos centros docentes o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, como contribución á construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria.

O Plan, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrécelles aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

Neste marco, as clases de 5º e 6º de primaria recibirán dúas charlas por parte de persoal da Garda Civil:

  • 30 de novembro de 2022 ás 10 h: charla sobre novas tecnoloxías.
  • 13 de xaneiro de 2023 ás 10 h: charla sobre acoso escolar.

BOLSAS ALUMNADO NECESIDADE ESPECÍFICA APOIO EDUCATIVO 22/23

Ministerio de Educación y Formación Profesional

O prazo de presentación de solicitudes de bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo estará aberto desde o día 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.

Tedes toda a información na web do Ministerio de Educación e no departamento de orientación do noso centro.

Os interesados/as podedes pedir cita co orientador do centro para cubrirdes as solicitudes coa súa axuda.

AXUDAS ALUMNADO NECESIDADE ESPECÍFICA APOIO EDUCATIVO

Libros de texto | IES SAN PAIO

Publicada a Resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2021/2022.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 30 de setembro de 2021.

Tedes toda a información aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut