Skip to Content

Vídeos do centro

BO NADAL!

Con este vídeo queremos felicitarvos o Nadal 2023 a toda a comunidade educativa.

Que pasedes unhas boas festas!

Para ver o vídeo en pantalla completa, premede en Youtube, no vídeo abaixo á dereita, despois de darlle ao play.

VISITA TURÍSTICA POR SANTIAGO

luns 28 de novembro, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria viaxou a Santiago de Compostela para asistir no Auditorio de Afundación a unha obra de teatro titulada A aventura de aburrirse.

A aventura de aburrirse, de L’Estaquirot Teatre, falou sobre a motivación da creatividade e como facer reflexionar sobre a xestión do tempo aos máis pequenos. Rita é unha nena que, malia ter moitos xoguetes, sempre anda aburrida e non sabe xogar soa. Un día, na casa da súa avoa, cun simple parrulo de goma, comeza unha aventura que a levará a viaxar coa imaxinación ao mundo das cores, descubrindo personaxes sorprendentes.

Despois de ver a obra de teatro, fixemos un percorrido turístico pola cidade de Santiago, cunha guía moi especial: a profe Victoria.

Velaquí o vídeo da visita turística, para que tamén a gocedes vós.

UN CONTO CHEO DE LOBOS

Estamos de en hora boa no cole: A clase de 4º de primaria vén de gañar o premio na categoría 3 (3º e 4º de primaria) a curtas de animación en galego no marco do programa Nós tamén creamos 21/22, coa curtametraxe Un conto cheo de lobos, baseada no libro do mesmo nome da editorial OQO.

Os nosos pequenos/as cineastas recibirán un televisor e unha invitación ao festival de Cans.

Parabéns aos premiados/as!

Curtametraxe Un conto cheo de lobos:

Expocine:

Makingoff:

 

Los alumnos del Villar Paramá protagonistas en los premios “Nos tamén creamos!”.

- Faro de Vigo.

PREMIO CURTA

- PODCAST

BOAS FESTAS!

VÍDEOS DO COLE

DÍA DA PAZ

DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

MAGOSTO

SAMAÍN

O SISTEMA SOLAR DE 3º

 

CURSO 2019/2020
Cuentos Infantiles Cortos | Cuentos Para Niños【con Audio】 Cuarentena Contacontos
Resultado de imagen de gifs carnaval 21 de febreiro: festival do Entroido Actuacións musicais do Entroido
Resultado de imagen de gif lazo NON VIOLENCIA XENERO 25 de novembro, Día da Non Violencia de Xénero La puerta violeta, de Rozalén.
Resultado de imagen de gifs recitar  29 de novembro: Festa da Poesía no Teatro Principal da Estrada Recitado de poemas
Resultado de imagen de cocinero gif 27 de novembro: Saborea A Estrada Visita ao Novo Mercado da Estrada

"A NENA", NA PRENSA

O noso cole destaca na prensa de hoxe coa noticia do 1º premio no Ourense Film Festival (OUFF) á curtametraxe A nena. Premede nas ligazóns para acceder á noticia nos xornais:

E, por se aínda non vistes a curta, aquí podedes gozala:

Vídeo Samaín 23

Aquí vos vai un vídeo resumo do Samaín deste ano!

VÍDEO DÍA DE ROSALÍA

Velaquí o vídeo do Día de Rosalía, que se acaba de facer público, gravado cunha cámara 360º.
Podedes velo xirando o móbil ou desprazando a imaxe cos dedos/rato para acceder así ás tomas que máis vos gusten.

VÍDEO 25n

Aquí vos vai o vídeo do 25N.

Que non só se celebre este día!

Por 365 días sen violencia!!

 

Entroido 22

O pasado 25 de febreiro celebramos o Entroido no Villar Paramá. Houbo desfiles e actuacións con bailes ben bonitos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut