Skip to Content

No centro

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

 

O vindeiro mércores, 15 de maio, ás 12:00 h, celebraremos no cole o festival das Letras Galegas, ao que quedades convidadas todas as familias.

Deixámosvos o tríptico coas actuacións e datos sobre a autora homenaxeada, Luísa Villalta.

Para ver mellor o tríptico, premede nas imaxes.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CAMPAMENTOS DE VERÁN

La concejala de Benestar Social, rodeada de los pequeños en el CEIP Pérez Viondi.

Segundo informa o Faro de Vigo, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Amalia Goldar, visitou os participantes nos campamentos Concilia promovidos polo Concello da Estrada.

A edil acercouse ao noso centro para comprobar o correcto funcionamento da actividade diaria dos cativos/as.

Ademais, estivo acompañada por persoal técnico do Concello para atender as demandas dos pais e nais do alumnado de analizar a cuberta do patio.

XORNADA DE ACOLLIDA 3 ANOS

Barroco Infantil en el Corral Cervantes - Noticias y Opiniones GRUPO INDEX

O día 5 de xuño, de 11:00 a 12:00 h, teremos no cole unha xornada de acollida cos nenos e nenas de nova incorporación a 4º de educación infantil.

Tomaremos todos/as xuntos/as o taco da media mañá (que deberán traer da casa) e xogaremos no patio.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

OBRADOIRO "FAI CLIC AO TEU BOCATA"

O pasado xoves, 27 de abril, de 11:00 a 13:00 h, e dentro do programa “FAI CLIC AO TEU BOCATA”, da Consellería do Mar, realizamos no centro un obradoiro que se dividiu en tres partes:

 

1ª: Presentación dos condutores do programa e dos personaxes PAN e LATA, protagonistas da actividade, que, xunto coa súa familia, nos situaron no mundo do cómic a través da proxección dun vídeo.

 

2ª: Presentación das características das conservas que se

degustarán no obradoiro, visualizando un vídeo onde aparece o

percorrido desde que os peixes están no seu hábitat natural ata que

chegan a ser parte dun bocata, pasando polo proceso de

enlatado.

 

3ª Realización dos bocatas e actividade lúdica.

Organizaron unha actividade en gran grupo mentres que, por grupos máis pequenos, foron pasando pola mesa de bocatas para escoller de xeito individual os ingredientes do seu.

 

Fixéronse tamén bocadillos para as persoas que presentan algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria, o que permitiu dar información de que son e cómo actuar para protexer a saúde de todos/-as os/as participantes.

 

Déronselle os bocadillos a cada alumno ou alumna

segundo llellos foron preparando, para que puidesen ilos comendo.

 

Ao rematarmos o obradoiro, entregáronselles agasallos ao alumnado e material didáctico aos docentes.

 

- GALERÍA DE FOTOS

- LA VOZ DE GALICIA

CONCURSO CARTEL PUBLICITARIO PILABOT

O noso centro participa este curso na campaña de recollida de pilas Pilabot, polo que queremos animar a todo o alumnado a participar no concurso individual de Cartel Publicitario #EuSonPilabot, co que poderán gañar... unha tableta!

O prazo de inscrición remata o 14 de abril.

Toda a información está en www.pilabot.gal/eusonpilabot

OBRADOIROS IGUALDADE

O pasado venres, 24 de marzo, recibimos no centro a visita da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais FADEMUR-Galicia, que ofreceron para todo o alumnado de primaria uns obradoiros sobre a prevención da violencia de xénero e o fomento da igualdade. 

A actividade foi gratuíta, xa que se insire nun programa subvencionado pola Deputación de Pontevedra, da man de profesionais experimentadas na materia.

Os tres obradoiros realizados, de carácter participativo, tiveron unha duración de 1h aproximadamente cada un e os seus contidos adaptáronse segundo a idade.

Obxectivos do programa

- Achegar a igualdade de xénero a través dos contos

- Reflexionar sobre os estereotipos de xénero

- Identificar emocións, sentimentos e situacións que os desencadean

 

Contidos

- Estereotipos e roles de xénero

- Emocións e xénero

 

Podedes ver fotos da actividade en Galerías.

Lede a noticia en La Voz de Galicia.

RECICLAXE DE ACEITE USADO

 

Este curso participaremos no proxecto Bioescolas, co que coñeceremos máis sobre a reciclaxe de aceite usado e valoraremos a importancia de ter conciencia medioambiental.

Neste proxecto, a empresa Arioil facilitounos un colector, no cal o alumnado, as familias e o profesorado poderán depositar o aceite de cociña usado en botellas de plástico cerradas correctamente. Isto non suporá coste ningún para o centro. Ademais, a cambio de cada colector cheo, a ANPA recibirá 15,00 € por parte de Arioil para empregar en material escolar, excursións, actividades extraescolares...

Tamén teremos a opción de gañar un premio de 500,00 €, que obterá o centro que máis aceite usado entregue entre os meses de marzo e abril (proporcionalmente á cantidade de alumnado).

Podedes depositar as vosas botellas de aceite usado no colector que atoparedes na entrada do centro.

ENTROIDO MEDIEVAL

IMG-20230217-WA0009.jpg

Tedes nas Galerías as fotos do festival de Entroido medieval celebrado este venres 17 de febreiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut