Skip to Content

No centro

DÍA DA PAZ

IMG-20240130-WA0013.jpg

Mirade nas Galerías as fotos do Día da Paz.

Fin de Ano

O vindeiro xoves 21 de decembro celebramos no centro para o alumnado, unha festa de fin de ano. Logo do chocolate con churros que nos agasalla a ANPA Outeiro de Vea, iremos o salón de actos a escoitar uns cantos de Nadal e celebrar as badaladas. Para iso, cada nena e neno deberá traer, coa vosa colaboración, un tupper con doce uvas ou algo semellante (preferiblemente froita). O alumnado de Educación Infantil, se pode traer a froita picada agradecémolo. Ademais de xeito opcional, poderán vir vestidos elegantes para a festa, se así o desexan.

 

Moitas grazas e felices festas!

Fin de Ano

O vindeiro xoves 21 de decembro, celebráremos no centro unha festa de fin de ano para o alumnado. Logo do chocolate con churros que nos agasalla a ANPA do Outeiro de Vea, a partires das 12.30h. cantaremos algunha canción de Nadal e escoitaremos as badalas acompañadas de doce uvas (ou preferiblemente froita, fomentando os hábitos saudables de acordo ao Plan Proxecta + Nutriescolas) que as nenas e os nenos deberán traer nun tupper coa vosa colaboración. Opcionalmente e xa que estamos de celebración, o alumnado poderá vir vestido elegante para a festa, se así o desexan.

 

 Moitas grazas e felices festas!

 

 

CHOCOLATE CON CHURROS

Ana Rosa Quintana no puede resistirse a unos churros con chocolate

O vindeiro xoves, 21 de decembro, para despedir o 1º trimestre, a ANPA do centro volverá agasallar o noso alumnado cunha chocolatada. A novidade este ano será que contaremos coa presenza dun churreiro que irá preparando os churros "in situ" para comelos quentiños co chocolate.

Moitas grazas á ANPA por preparar esta actividade da que tanto gozan sempre os cativos/as!

RADIO

Hoxe no programa "Salta da cama" de Radio Estrada sae a entrevista aos rapaces do noso cole sobre a curta "A Nena". 

Grazas Pablo por esta experiencia e gozar así, da radio no noso colexio!

Aquí tendes o enlace: 

https://www.ivoox.com/a-curta-a-nena-do-ceip-manuel-villar-audios-mp3_rf_120395279_1.html

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

O 3 de decembro celébrase o día internacional da diversidade funcional. Nós, para darlle visibilidade decoramos o centro con paraugas de cores. Cada cor dun representa un tipo de diversidade funcional. Desde o centro arroupamos a tod@s os nen@s.

A DIVERSIDADE SUMA!

Ademais, repartimos para as familias un díptico no que podedes atopar tanto películas como lecturas relacionadas coa temática.

 

Mostra de Teatro na prensa

O noso colexio saíu na prensa con motivo da VI Mostra de Teatro Olimpio Arca. Para velo, pinchade nos enlaces.

        FARO DE VIGO                                              LA VOZ DE GALICIA

    

OBRADOIRO MEL DE GALICIA

O luns 27, tivemos no colexio unha charla sobre a elaboración do mel en Galicia.

Puidemos probar un traxe de apicultor e as súas ferramentas (como por exemplo o afumador), ver unha colmea, observar como nas alzas se distribuía o mel das celas, o proceso de extracción e, por último, o de envasado.

De recordo levamos de agasallo un tarriño de mel para probalo e un estoxo con material escolar.

E todo, grazas ó consello regulador da denominación de orixe protexida "Mel de Galicia".



OBRADOIRO ARGALLANDO

O xoves 23 tivemos un obradoiro no colexio "Argallando" dentro do Proxecto Terra: Sementeira.  O obradoiro consistía na creación libre con material natural como carozos de millo, paus, bugallos...

As crianzas tiveron que facer uso da súa imaxinación e acadar as creacións máis orixinais!!

 

25 N

 

Hoxe conmemoramos no colexio o 25N, cada neno e nena ataviouse cun parche violeta feito na clase e un pano traído das casas ao xeito de Mulleres Piratas.

Os rapaces e prapazas de 6º leron un manifesto en cotra da violencia ás mulleres e ás nenas e compormenténdonos así a ser axentes de cambio na nosa sociedade.

 

Logo entre tod@s representamos e cantamos a canción que levabamos practicando toda a semana "Mulleres piratas" de Catuxa Salom.

 

      

Distribuir contido


by Dr. Radut