Skip to Content

No centro

VIDEOCLIP "TOC-TOC"

XOGADE

Xogade

Un ano máis, o centro participará na campaña de actividade lúdico-deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), unha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia. A participación terá lugar nas modalidades de actividade deportiva (campionato de carreiras campo a través) e actividade lúdica (taekwondo e bádminton).

-Programa XOGADE

ADMISIÓN NO PLAN PROXECTA

O alumnado de primaria do noso colexio vai participar este curso 2012/2013 nos programas da Dirección Xeral para o Deporte Xogade e Máis e mellor actividade física, destinados a fomentar as actividades físicas e deportivas saudables.

Ambos os dous programas están incluídos no Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos da administración autonómica, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

Preman aquí para consultar a listaxe provisional de solicitudes admitidas no Plan Proxecta e mais a Resolución do 14 de agosto de 2012 pola que se convoca o devandito plan.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut