Skip to Content

No centro

MONTAXE FOTOGRÁFICA DA SEMANA DO ENTROIDO

ACTUACIÓNS DO ENTROIDO

ACTIVIDADES POLA PAZ

Velaquí unha mostra dos traballos realizados no centro co gallo do Día da Paz.

O NOSO DÍA DA PAZ NO FARO DE VIGO

JERUSALEMA

Hoxe é o Día da Paz oficial, malia que nos coles o celebrásemos onte por esixencias do guion.

No vídeo podedes ver como bailamos, separado en grupos de convivencia, Jerusalema, unha canción africana que transmite paz, alegría e esperanza.

Feliz e pacífico día!

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2024

CAMPAMENTOS DE VERÁN | CEIP Manuel Villar Paramá

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada ten previsto poñer en marcha ao longo do período de vacacións de verán o CAMPAMENTO DE VERÁN, dirixido aos rapaces e rapazas de 3 a 12 anos.

O campamento de verán desenvolverase do 01/07/24 ao 10/09/24 nas instalacións do CEIP Oca, CEIP O Foxo, CEIP Manuel Villar Paramá, CEIP Cabada Vázquez e CEIP Pérez Viondi.

PRAZO DE INSCRICIÓN: desde o 4 ao 17 de xuño, ambos os dous días incluídos.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal).

PREZO ACTIVIDADE: 35 € por participante e quincena nos meses de xullo e agosto, e 25 € os días de setembro. O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20 % sobre o prezo (28 € nas quincenas de xullo e agosto, e 20 € os días de setembro), e, a partir do terceiro membro da unidade familiar, será gratuíto.

Descargade a continuación a ficha de inscrición nos campamentos de verán 2024.

PLAN DIRECTOR

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de primaria participará nunha nova charla, que se impartirá dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna desenvolvido pola Secretaría de Estado de Seguridade.

 
Neste novo curso, o Plan Director, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, amplía a súa oferta de charlas informativas/formativas, destinadas tanto ao alumnado coma ao profesorado e ás familias, sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como a ciberseguridade, o acoso escolar, a violencia sobre a muller, as drogas e o alcol, as novas adiccións, os delitos de odio e discriminación, a prevención dos delitos sexuais..., charlas que son impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

OS MAIOS, NA "VOZ" E NO "FARO"

Na prensa de hoxe atopamos a celebración dos Maios no noso centro.

Premede enriba das imaxes para ler as noticias.

E, se queredes ver as fotos dese día, ide a Galerías.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

 

O vindeiro mércores, 15 de maio, ás 12:00 h, celebraremos no cole o festival das Letras Galegas, ao que quedades convidadas todas as familias.

Deixámosvos o tríptico coas actuacións e datos sobre a autora homenaxeada, Luísa Villalta.

Para ver mellor o tríptico, premede nas imaxes.

BIBLIOPATIO

Celebramos o Día do Libro coas actividades que vos explican no blog da biblioteca.

As imaxes tédelas nas Galerías.

E a noticia, no Faro de Vigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut