Skip to Content

Música

FOLIADA DO DÍA DA PAZ

Velaquí o vídeo da foliada coa que celebramos o Día da Paz o pasado 30 de xaneiro.

E, se queredes ver as fotos, ide a Galerías.

BO NADAL!

Con este vídeo queremos felicitarvos o Nadal 2023 a toda a comunidade educativa.

Que pasedes unhas boas festas!

Para ver o vídeo en pantalla completa, premede en Youtube, no vídeo abaixo á dereita, despois de darlle ao play.

UN CONTO CHEO DE LOBOS

Estamos de en hora boa no cole: A clase de 4º de primaria vén de gañar o premio na categoría 3 (3º e 4º de primaria) a curtas de animación en galego no marco do programa Nós tamén creamos 21/22, coa curtametraxe Un conto cheo de lobos, baseada no libro do mesmo nome da editorial OQO.

Os nosos pequenos/as cineastas recibirán un televisor e unha invitación ao festival de Cans.

Parabéns aos premiados/as!

Curtametraxe Un conto cheo de lobos:

Expocine:

Makingoff:

 

Los alumnos del Villar Paramá protagonistas en los premios “Nos tamén creamos!”.

- Faro de Vigo.

PREMIO CURTA

- PODCAST

CANCIÓNS CON SUSA HERRERA

IMG_20220620_110737.jpg

Nesta última semana de curso recibimos a visita da artista galega Susa Herrera, que nos ofreceu unha actuación musical ateigada de cancións e coreografías nas que participamos todos/as.

- Fotos.

- Faro de Vigo.

8 M

Velaquí o traballo de 6° de primaria para conmemorar hoxe, 8 de marzo, o Día da Muller.

RAP DE ROSALÍA

O Día de Rosalía, a rapazada de 4º de primaria preparou un rap que lles quedou moi molón.

JERUSALEMA

Hoxe é o Día da Paz oficial, malia que nos coles o celebrásemos onte por esixencias do guion.

No vídeo podedes ver como bailamos, separado en grupos de convivencia, Jerusalema, unha canción africana que transmite paz, alegría e esperanza.

Feliz e pacífico día!

NINA NINETTE

IMG-20230322-WA0002.jpg

Este mércores, 22 de marzo, o alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria asistiu a un espectáculo de danza moderna titulado Nina Ninette no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Tamén visitaron a Cidade da Cultura.

Tedes fotos da saída nas Galerías.

- Faro de Vigo.

CONCERTO PABLO CARPINTEIRO

Este venres, o alumnado acudiu a o concerto didáctico Música e evolución, celebrado no auditorio de Galicia. Alí, Pablo Carpinteiro e Rosa Sánchez amosáronos múltiples instrumentos musicais antigos, elaborados moitos deles por nenos e nenas. Interpretaron diferentes cancións cos intrumentos tradicionais máis variopintos e ensináronnos a conexión que ten a música coa evolución dos seres humanos. Foi un pracer acudir ao concerto!

 

Logo achegámonos ata a cidade da cultura a ver á exposición de Camiños Creativos, na que os camiños e a arte están vencellados. Diferentes formas de ver os camiños, tanto de Galicia coma os alleos.

ENTREVISTA EN RADIO ESTRADA

Escoita en directo

A profe Lucía Muñoz foi entrevistada este venres en Radio Estrada co motivo de ser a encargada de coordinar e crear, xunto co alumnado de 5º de primaria do noso centro, a curtametraxe en stop-motion "Un conto cheo de lobos". Premio Nós tamén creamos da Consellería de Educación, pase na TVG e agora invitación ao OUFF Escola de Ourense, o festival máis importante de Galicia nesta categoría. 

Escoitade a entrevista no podcast.

Distribuir contido


by Dr. Radut