Skip to Content

Actividades

LETRAS GALEGAS NA BIBLIO

E despois do Día do Libro, xa vén aí o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta.

No blog da biblioteca recóllense unha morea de actividades interesantes para celebrar este día.

BIBLIOPATIO

Celebramos o Día do Libro coas actividades que vos explican no blog da biblioteca.

As imaxes tédelas nas Galerías.

E a noticia, no Faro de Vigo.

DÍA DO LIBRO

Botádelle un ollo ao blog da biblioteca para enterarvos de todas as actividades programadas polo equipo de biblioteca para celebrar o 23 de abril o Día do Libro.

Visita AGADEA

Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, recibiu a visita da asociación AGADEA xunto con dúas das súas usuarias. Xuntos/as compartimos un ratiño no que falamos sobre as diferentes enfermidades neurodexenerativas coma o alzehimer principalmente. Logo agasalláronnos con dous fermosos exemplares do libro “Sobremesas sobre versos” gañador do premio Simbad. Moitas grazas!

ESTANTERÍA 8M

IMG-20240306-WA0020.jpg

Estantería dedicada na biblioteca á conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, con bibliografía sobre esta temática, que podedes consultar na correspondente entrada do blog da biblioteca: lecturas 8M.

Mirade no álbum 8M das nosas Galerías as fotos desta celebración.

LECTURAS 8M

Na nosa biblioteca dispoñemos dunha estantería das mulleres, cunha morea de libros, preparados polo equipo de biblioteca, cos que celebrarmos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. 

Se queredes saber que libros son, só tedes que acceder ao blog da Biblioteca do Souto, onde atoparedes tanto as portadas coma unha breve recensión de cada libro.

Así mesmo, veredes no blog o tríptico de lecturas recomendadas para o 8 de marzo, elaborado polo equipo de biblioteca, e que podedes ler tamén premendo nas imaxes. 

EXPOSICIÓN 8M DO NOSO ALUMNADO NA CASA DAS LETRAS

Desde o equipo de biblioteca do centro, chéganos o cartel e o tríptico informativo da exposición que están organizando para conmemorar o Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo. Para lelos con comodidade, só tedes que premer enriba das imaxes.

Segundo nos contan no blog da Biblioteca do Souto, Pioneiras é un libro escrito por Anair Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz. Este libro fala de doce mulleres galegas que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor. 

Inspirándonse no libro, os alumnos/as do centro crearon cadros nos que, ademais da pintura, usaron material reciclado para conseguir diversas texturas e volumes: cunchas, redes, fusos, ferralla, pedriñas.…, sempre coidando que o material empregado conectase co personaxe.

Como este traballo merece chegar a un público ben amplo, a exposición do noso alumnado montarase na biblioteca municipal da Estrada, nas seguintes datas e horarios:

EXPOSICIÓN 8 M
Lugar Sala de Exposicións, Casa das letras (Biblioteca Municipal da Estrada)
Data Do 4 ao 18 de marzo
Horario

De luns a venres: De 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:30 h

Sábado: De 10:00 a 13:00 h

 Reservade un oco nas vosas axendas para visitar a exposición!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

No colexio decoramos a biblioteca cunha árbore un tanto especial...

Enchémola de libros!

Estes libros están relacionados coa temática do Nadal.

EFEMÉRIDES DECEMBRO

As efemérides científicas deste mes son:

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

O mes de novembro é o mes da ciencia en Galego. Desde Biblioteca escolar impulsouse un calendario de efemérides con científicos e científicas relevantes.

 

 

Ademais, mandouse para as casas e un tríptico con recomendacións lectoras, xogos e vídeos relacionado co mes da ciencia en galego.

Distribuir contido


by Dr. Radut