Skip to Content

EXPOSICIÓN 8M DO NOSO ALUMNADO NA CASA DAS LETRAS

Desde o equipo de biblioteca do centro, chéganos o cartel e o tríptico informativo da exposición que están organizando para conmemorar o Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo. Para lelos con comodidade, só tedes que premer enriba das imaxes.

Segundo nos contan no blog da Biblioteca do Souto, Pioneiras é un libro escrito por Anair Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz. Este libro fala de doce mulleres galegas que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor. 

Inspirándonse no libro, os alumnos/as do centro crearon cadros nos que, ademais da pintura, usaron material reciclado para conseguir diversas texturas e volumes: cunchas, redes, fusos, ferralla, pedriñas.…, sempre coidando que o material empregado conectase co personaxe.

Como este traballo merece chegar a un público ben amplo, a exposición do noso alumnado montarase na biblioteca municipal da Estrada, nas seguintes datas e horarios:

EXPOSICIÓN 8 M
Lugar Sala de Exposicións, Casa das letras (Biblioteca Municipal da Estrada)
Data Do 4 ao 18 de marzo
Horario

De luns a venres: De 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:30 h

Sábado: De 10:00 a 13:00 h

 Reservade un oco nas vosas axendas para visitar a exposición!



story | by Dr. Radut