Skip to Content

ANPA

HORARIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 22/23

Para qué sirven las actividades extraescolares? - Blog de educación

A ANPA do noso centro xa ten dispoñibles os horarios das actividades extraescolares do curso 22/23.

CHOCOLATE CON CHURROS

Ana Rosa Quintana no puede resistirse a unos churros con chocolate

O vindeiro xoves, 21 de decembro, para despedir o 1º trimestre, a ANPA do centro volverá agasallar o noso alumnado cunha chocolatada. A novidade este ano será que contaremos coa presenza dun churreiro que irá preparando os churros "in situ" para comelos quentiños co chocolate.

Moitas grazas á ANPA por preparar esta actividade da que tanto gozan sempre os cativos/as!

BENVIDA E PROPOSTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA

Propuesta Actividades Extraescolares - Colegio Concertado Niño Jesús -  Colegio Concertado Niño Jesús

A ANPA do centro quere darvos a benvida ao novo curso 22/23 e propoñervos unha serie de actividades extraescolares para que elixades canto antes aquelas nas que queirades matricular os vosos fillos/as:

- Benvida ás novas familias.

- Benvida a todas as familias.

- Proposta de actividades extraescolares.

PROPOSTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A ANPA do centro quere darvos a benvida ao novo curso e propoñervos unha serie de actividades extraescolares para que elixades as que vos interesen:

- Benvida ás novas familias.

- Benvida a todas as familias.

- Proposta de actividades extraescolares.

GUÍA DA DIVERSIDADE FAMILIAR

Confederación Anpas Galegas
Desde a Confederación ANPAS GALEGAS traballan este ano na elaboración dunha "Guía da diversidade familiar", un traballo que se enmarca no programa contra a violencia de xénero e que conta co finanzamento da Secretaría Xeral da Igualdade.

A Guía difundíuse entre as ANPA confederadas e tamén aparece como unha ferramenta dispoñíbel na súa web, para pór recursos ao dispor da comunidade educativa; é totalmente libre de uso e pódese reproducir total ou parcialmente. O caso é que teña utilidade.

Esta é a ligazón para que poidades descargala:
 

VOLVEN AS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS E AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA

Desde a escola queremos lembrar ás familias a importancia de estar activos polos beneficios para a saúde do corazón, do corpo e da mente. Cada movemento conta:

Podedes atopar información sobre as actividades deportivas ofertadas polo Concello e pola ANPA Outeiro de Vea nos seguintes enlaces. Animádevos a participar!!!

- Escolas deportivas do concello.

- Actividades extraescolares da ANPA.

 

AXUDAS PARA AS ANPA

Resultado de imagen de gif igualdad

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou axudas para que as ANPA financien actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero.

Pódese consultar a convocatoria na Resolución do 19 de decembro de 2020 (DOG do 4 de febreiro).

Distribuir contido


by Dr. Radut