Skip to Content

Educación Física

ATLETISMO EN PISTA EN CUNTIS

IMG-20240509-WA0023.jpg

Hoxe, 9 de maio, o alumnado de 5º de primaria desprazouse ata Cuntis para participar nunha xornada de atletismo en pista enmarcada no programa Xogade da Xunta de Galicia.

Mirade as fotos nas Galerías.

Día da Educación Física na rúa

Con motivo do Día da EF na rúa e grazas a organización da Agrupación de Deporte Escolar da Estrada, o martes 16 de abril o alumnado de 5º e 6º de EP realizou diversos xogos deportivos no pobo para darlle visibilidade a importancia da realización de actividade física en idade escolar. 

Cada centro tiña unha zona asignada, o CEIP Manuel Villar Paramá estivo na praza do Concello compartindo a xornada e as diversas actividades co alumnado do CEIP Cabada Vázquez. Grazas compañeiros/as.

Ao rematar todos os centros educativos participantes reunímonos diante do Concello para por fin á xornada.

 

BONOS DEPORTE

 Bono Deporte

A Vicepresidencia primeira e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes publicaron a orde do 5 de decembro de 2023 (DOG do día 11) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas do Programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar a través do Bono deporte. Este novo programa ten por finalidade axudar ás familias nos gastos derivados da práctica deportiva dos nenos e nenas de 6 a 16 anos.

No noso centro, terá dereito a estes bonos o alumnado participante no Programa XOGADE, isto é, o alumnado de 3º a 6º de primaria.

Cada beneficiario disporá dun único bono por un importe de 120 €, que poderá utilizarse nun ou varios dos establecementos adheridos ao programa (que se identificarán co distintivo da campaña) e terá a consideración de bono desconto do 80 % da compra ou servizo adquirido. O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada (IVE incluído).

O período de descarga dos bonos estenderase do 8 de xaneiro ao 29 de febreiro de 2024. Unha vez descargados, poderanse utilizar ata o 1 de xullo.

Para a descarga dos bonos será preciso introducir na web www.bonodeporte.gal os datos recollidos no art. 12.1 da Orde de 5 de decembro (DOG do día 11), entre eles o identificador Xogade, que figura no carné que se lle entregou hoxe ao alumnado de 3º a 6º de primaria.

CAMPIONATO ZONAL CAMPO A TRAVÉS

Lecciones de deportividad

Onte, 11 de outubro, o noso alumnado de 2º a 6º de primaria participou no campionato zonal de campo a través.

Parabéns a Celia, a Irene e a Valentina pola medalla e  diplomas!

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

- Galería de fotos.

CLICLISMO NO COLEXIO

O martes 3 contamos coa visita do Club Ciclismo da Estrada. Jorge e Tania animáronnos a que probaramos o Club de Ciclismo e ademais, fixemos unha xincana coas bicis. O percorrido estaba cheo de obstáculos! Grazas pola visita!

CAMPO A TRAVÉS

O mércores 11 de outubro terá lugar unha vez máis o Campo a Través. Será na zona das piscinas da Estrada. E non te esquezas de levar a túa camiseta morada!

Para consultar máis información da normativa e do percorrido pincha no adxunto.

TENIS DE MESA

Hoxe contamos no centro cos profesores de tenis de mesa da Estrada. Déronnos unhas clases por quendas de media hora. Así, practicamos deporte e podémonos animar a seguir practicándoo!

VISITA DO PRAÍÑA SPC

IMG-20230619-WA0030.jpg

Hoxe recibimos no centro a visita de dous adestradores do Praíña Sporting Club de Teo.

O alumnado de infantil e primaria probou durante media hora tarefas de iniciación para xogar ao fútbol.

Se lles apetecer continuaren adestrando, levan información na mochila para unirse ao club.

Agradecémoslles aos monitores a súa visita, coa que os nenos e nenas o pasaron de marabilla.

Faro de Vigo

Galería de fotos

TENIS DE MESA

IMG-20230617-WA0067.jpg 

Este mércores tivemos a sorte de contar cos profes encargados da escola de tenis de mesa do concello da Estrada.

Todo o alumnado pasou durante media hora polo pavillón do centro para iniciarse neste deporte.

Estades convidados/as a pasar polo seu local situado en Sala Gradín, de luns a xoves de 16:45 a 21:00 h, durante o mes de xuño. En setembro volven para reiniciaren a actividade.

Se queredes anotarvos, non dubidedes en chamar a Ramón ao 607 725 189.

Pequenos/as e maiores pasárono xenial!

Galería de fotos.

Faro de Vigo.

ATLETISMO EN CUNTIS

IMG-20230529-WA0010.jpg

O venres 25 de maio participamos co alumnado de 5º de primaria nunha xornada deportiva e lúdica relacionada co atletismo e organizada pola Agrupación Deportiva da zona da Estrada e Cuntis no estadio da Ran. Alí gozaron dunha mañá de convivencia e fomento da vida activa.

- Fotos.

- Faro de Vigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut