Skip to Content

Educación Física

PLAN PROXECTA

Proxecta

O noso centro resultou admitido para participar no Plan Proxecta durante o curso 2020/2021 no programa Proxectos de vida activa e deportiva - PDC.

O programa pretende axudar os centros docentes a elaborar o seu proxecto deportivo de centro / vida activa e saudable, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado. 

Buscamos que o 100%  do alumnado reciba información e asesoramento de como incorporar no seu día a día actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable, así como incrementar na súa estadía no centro a práctica de actividade física de calidade.

SEMANA 7 DO 4-8 MAIO CIRCUITOS

DÍA MUNDIAL DA ACTIVIDADE FÍSICA

Hoxe, 6 de abril, celebramos o Día Mundial da Actividade Física.

O confinamento non pode ser escusa para o sedentarismo e a inactividade.

XOGOS EDUCACIÓN FÍSICA

Resultado de imagen de gifs educacion fisica

Na seguinte ligazón dispoñedes de propostas de xogos de Educación Física para infantil e primaria.

- Xogos de Educación Física.

- Xogos para a semana do 23 ao 27 de marzo.

- Xogos para a 3ª semana.

SUSPENDIDA A XORNADA DE ATLETISMO EN CUNTIS

Resultado de imagen de gifs atletismo

Queda suspendida ata novo aviso a xornada de atletismo do proxecto XOGADE na que ía participar o alumnado de 4º e 5º de primaria o mércores 18 de marzo.

PATIOS EN ACCIÓN

IMG-20200128-WA0014.jpg

Continuamos dinamizando os recreos, para aportarlle ao alumnado propostas nas que ocupar o seu tempo de lecer, compartindo espazos e activides cos seus compañeiros/as.
Despois dos encontros de brilé, realizados nos meses de novembro, decembro e xaneiro, os martes e os venres poderán practicar actividades con raquetas. Coa variedade do material adaptarase a dificultade ás diferentes idades e niveles coordinativos.

O obxectivo dos PATIOS EN ACCIÓN: PASALO BEN!!!

CROSS EN CASTRELOS

 

O día 1 de febreiro, no parque de Castrelos de Vigo, Sara Neira López participou representando ao noso centro na categoría benxamín feminino no campionato provincial de campo a través do programa XOGADE.

Aquí vedes o momento da saída.

CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS

Resultado de imagen de gif dibujo corredores

Sara Neira López e Celia Castaño Pazos clasificáronse na categoría benxamín feminino para o campionato provincial de campo a través do programa XOGADE que se celebrará o día 1 de febreiro no parque de Castrelos en Vigo. 

- Clasificados no campionato provincial de campo a través.

- Normativa campionato provincial Castrelos.

PATIOS EN ACCIÓN

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
A finais de novembro deron comezo os campionatos de brilé (organizados pola especialista de Educación Física) nos recreos dos martes e dos venres para os cursos de educación primaria. Rematarán a mediados de xaneiro.

PROBA ESCOLAR DE CROSS EN LIÑARES

O xoves 5 de decembro celebrouse na praia fluvial de Liñares o campionato zonal de campo a través, coa participación de case 900 escolares de centros da Estrada, Cuntis e Moraña. O noso cole conseguíu un diploma e unha medalla, grazas a dúas campioas: Sara Neira López (de 2º de primaria) e Celia Castaño Pazos (de 3º de primaria). Noraboa a elas e a todos os participantes polo seu esforzo e a súa deportividade. E grazas ás familias pola súa colaboración.

-Horarios e percorrido.

- Galería de fotos.

- La Voz de Galicia.

- Resultados competición 5 de decembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut