Skip to Content

Educación Física

ADMITIDOS NO PLAN PROXECTA

Resultado de imagen de plan proxecta

O noso centro foi seleccionado para participar, durante o curso 2019/2020, no programa PDC (proxecto deportivo de centro) - CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES do Plan Proxecta.

JUDO NO COLE

Resultado de imagen de judo  gif

O xoves, 3 de outubro, todo o alumnado de infantil e primaria asistíu a unha sesión de Iniciación aos deportes de loita: judo, polo que deberon vir ao colexio con roupa deportiva.

Proximamente colgaremos fotos do evento.

cuento motor glogster

CAMPIONATO LOCAL DE BÁDMINTON

Os días 26, 27 e 28 de abril parte do alumnado das aulas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, tivo a oportunidade de participar no Campionato Local de Bádminton de A Estrada que se celebrou no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro. A actividade ubicase dentro do proxecto Xogade no que participa o centro. Tendes unha pequena mostra de imaxes nas Galerías.

FOTOS CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

Nas Galerías de fotos da nosa páxina podedes acceder á colección de imaxes tomadas durante o desenvolvemento da actividade de Campo a Través o 30 de novembro na que participaron alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria

PÉS, PARA QUE VOS QUERO?

CARTEL campo a traves2016

O 30 de novembro os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de primaria inscritos participaron na carreira campo a través que tivo lugar na praia fluvial de Liñares. Alí estiveron tamén os CEIP de Oca, Codeseda, Figueiroa, Pérez Viondi e Lourdes; o IES Nº 1 e o CPI Aurelio Marcelino de Cuntis. Foron arredor de seiscentos os participantes, que se distribuíron en catro categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete.

- Descargar circuíto. 

- Ver fotos.

TORNEO DE BÁDMINTON

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Os días 26, 27 e 28 de abril, parte do alumnado de 3º, 4º e 6º de primaria participou na Estrada nun torneo de bádminton, que se enmarca no Programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coas agrupacións deportivas e federacións galegas. 

Fotos da actividade

ACTIVIDADES TICs EDUCACIÓN FÍSICA

XOGADE

Xogade

Un ano máis, o centro participará na campaña de actividade lúdico-deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), unha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia. A participación terá lugar nas modalidades de actividade deportiva (campionato de carreiras campo a través) e actividade lúdica (taekwondo e bádminton).

-Programa XOGADE

LA EDUCACIÓN FÍSICA EN MI COLEGIO

En este libro podrás encontrar muestras del trabajo que realizas en las clases de educación física durante el curso. Sólo tienes que pinchar en el enlace "LA EDUCACIÓN FÍSICA EN MI COLEGIO"

Distribuir contido


by Dr. Radut