Skip to Content

Actividades

CAMPAMENTOS DE NADAL DO CONCELLO DA ESTRADA

Dibujos navideños para colorear - Web del maestro

A QUEN VAN DIRIXIDOS: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos (escolarizados/as) e empadroados/as no Concello da Estrada.

DATAS E HORARIO: 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4, e 5 de xaneiro. En horario de 8:30 a 14:30.

PRAZAS: 30 rapaces/as nas instalacións de SOEI e 10 rapaces/as no Espazo Concilia.

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 27 de novembro ao 15 de decembro (ambos incluídos)

COTA DE INSCRICIÓN: 

  • O prezo será de 26 € por participante 
  • O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20 % (20 €) e, a partir do terceiro membro da unidade familiar, será gratuíto.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada (en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres) ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal).

 A documentación a presentar xunto coa solicitude é a seguinte: 

  • Ficha de inscrición.
  • Libro de familia (só se solicita bonificación por 2º/3º irmán participante).
  • Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: dúas últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cota á S.S. no réxime especial de traballadores/as por conta propia.

No caso de que o número de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo a seguinte orde de prioridades:

  1. Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
  2. Familias nas que os seus pais, nais, titores/as ou gardadores/as dos menores inscritos/as acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición da actividade.
  3. Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa ou monoparental.
  4. Orde de entrada das solicitudes.

VÍDEOS DO COLE

DÍA DA PAZ

DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

MAGOSTO

SAMAÍN

O SISTEMA SOLAR DE 3º

 

CURSO 2019/2020
Cuentos Infantiles Cortos | Cuentos Para Niños【con Audio】 Cuarentena Contacontos
Resultado de imagen de gifs carnaval 21 de febreiro: festival do Entroido Actuacións musicais do Entroido
Resultado de imagen de gif lazo NON VIOLENCIA XENERO 25 de novembro, Día da Non Violencia de Xénero La puerta violeta, de Rozalén.
Resultado de imagen de gifs recitar  29 de novembro: Festa da Poesía no Teatro Principal da Estrada Recitado de poemas
Resultado de imagen de cocinero gif 27 de novembro: Saborea A Estrada Visita ao Novo Mercado da Estrada

Día da Educación Física na rúa

Con motivo do Día da EF na rúa e grazas a organización da Agrupación de Deporte Escolar da Estrada, o martes 16 de abril o alumnado de 5º e 6º de EP realizou diversos xogos deportivos no pobo para darlle visibilidade a importancia da realización de actividade física en idade escolar. 

Cada centro tiña unha zona asignada, o CEIP Manuel Villar Paramá estivo na praza do Concello compartindo a xornada e as diversas actividades co alumnado do CEIP Cabada Vázquez. Grazas compañeiros/as.

Ao rematar todos os centros educativos participantes reunímonos diante do Concello para por fin á xornada.

 

Fin de Ano

O vindeiro xoves 21 de decembro, celebráremos no centro unha festa de fin de ano para o alumnado. Logo do chocolate con churros que nos agasalla a ANPA do Outeiro de Vea, a partires das 12.30h. cantaremos algunha canción de Nadal e escoitaremos as badalas acompañadas de doce uvas (ou preferiblemente froita, fomentando os hábitos saudables de acordo ao Plan Proxecta + Nutriescolas) que as nenas e os nenos deberán traer nun tupper coa vosa colaboración. Opcionalmente e xa que estamos de celebración, o alumnado poderá vir vestido elegante para a festa, se así o desexan.

 

 Moitas grazas e felices festas!

 

 

CAMPO A TRAVÉS

O mércores 11 de outubro terá lugar unha vez máis o Campo a Través. Será na zona das piscinas da Estrada. E non te esquezas de levar a túa camiseta morada!

Para consultar máis información da normativa e do percorrido pincha no adxunto.

ROCÓDROMO

Este é o estupendo rocódromo que vimos de instalar no patio para que o noso alumnado se inicie na escalada.

Distribuir contido


by Dr. Radut