Skip to Content

Escola de nais e pais

ESCOLA DE FAMILIAS

  

A Escola de Familias do Concello de Lalín, en colaboración co CFR, ofrecerá o día 7 de maio, ás 20:00 h, a charla telemática Desenréd@te. Unha aposta pola prevención comunitaria. Adicción ás novas tecnoloxías e xogo online, co relator Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social e un dos maiores expertos en España sobre a problemática do xogo en rede para menores.

As persoas que desexen seguir esta videoconferencia deberán facelo a través da ligazón lalin.gal/aquelar.

- Díptico. 

- Faro de Vigo.

CONFERENCIAS SOBRE SAÚDE EMOCIONAL

conferencia_lleida.gif | PymeSeguros
Dentro do marco Educación S. XXI, Afundación Abanca pon en marcha un ciclo de conferencias con Rafael Guerrero dedicadas á SAÚDE EMOCIONAL: 
  • 8 ABRIL | O cerebro do adolescente. Claves para entender as súas emocións 
  • 20 ABRIL | Que necesitan os nosos fillos para ser felices? Ferramentas e pautas
  • 6 MAIO | Que é a autoestima? Estratexias para potenciala en tempos de crise
  • 20 MAIO | Efectos da pandemia na saúde emocional de nenos/as e adolescentes. Como identificalos e atallalos

Todas elas terán lugar ás 18:00 h.

 
Para máis información:
 
Para anotarse ao ciclo de conferencias:
Ciclo sobre saúde emocional en nen@s e moz@s, con RAFA GUERRERO. 8 de abril ás 18:00.

PARENTALIDADE POSITIVA

Conociendo a la Cruz Roja Mexicana : Cancuníssimo

Desde Cruz Vermella infórmannos do seu proxecto “ Apoio á parentalidade positiva”, que ten como finalidade apoiar as familias con menores de idade ao seu cargo nas súas funcións de crianza e socialización ao longo do seu ciclo vital para que as necesidades e os dereitos da infancia sexan satisfeitos e para fomentar o goce de relacións familiares positivas que permitan o desenvolvemento dos seus membros.   

   

Dito proxecto, financiado pola Xunta de Galicia, terá unha aplicación de carácter práctico e contará con  catro talleres que se realizarán de xeito virtual, a través da ferramenta Teams   

   

Para máis información, podedes contactar nos seguintes enderezos: 

arosa@cruzroja.espontevedra@cruzroja.es 

ou ben nos teléfonos: 986 512 244 ou 986 571 057.   

 

- Folleto con información sobre a parentalidade positiva.

NOVO PORTAL WEB DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

Logo Xanela aberta á familia

Programa "Interreg España-Portugal"Proxecto RISCAR

A Consellería de Sanidade presenta o portal web “Xanela aberta á familia”, unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias, e a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”, que achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos.

  • Guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”: ligazón
  • Inscripción no sistema de avisos da “Xanela aberta á familia”: ligazón

Para achegar calquera consulta ou suxestión escribir a:Vida.saudable.eps@sergas.es

WEBEX E AULA VIRTUAL

No caso de corentena ou confinamento, o centro educativo desenvolverá un ensino a distancia para o alumnado de 3º a 6º de primaria, a través das seguintes ferramentas:

  •  Plataforma Webex, que permite a interacción en tempo real, compartir contidos e a realización de exercicios. Teñen no vídeo un titorial sobre o manexo de Webex.
  • Aula virtual: espazos dixitais de traballo que permiten dispoñer dun espazo web online para organizar os contidos das unidades didácticas. Poden acceder á aula virtual do centro na lapela da esquina superior esquerda desta web, co usuario e contrasinal proporcionado polo profesorado titor.

ESCOLA DE FAMILIAS

O Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra ofrécelles ás familias a posibilidade de participar nunha videoconferencia dunha duración aproximada de hora e media, para o coñecemento das ferramentas tecnolóxicas educativas á súa disposición, na que se tratarán os seguintes temas: comunicación a través de AbalarMóbil, emprego das plataformas de videoconferencia (Webex e Falemos) e acceso aos contidos educativos a través da aula virtual do centro e do entorno EVA E-Dixgal.

A data e o horario están aínda por determinar e serán informados a través desta páxina web.

Se están interesados en asistir á videoconferencia, fágannolo saber enviando un correo electrónico ao enderezo do centro: ceip.villar.parama@edu.xunta.gal.

RECOMENDACIÓNS PARA A CONVIVENCIA

A profe de PT tráenos unhas recomendacións para a convivencia nestes días:

- Recomendacións para a convivencia.

SUSPENDIDA A CONFERENCIA DE MAR ROMERA

Resultado de imagen de gifs aviso

Suspéndese a conferencia de Mar Romera que se ía celebrar hoxe ás 20:00 h no MOME da Estrada. Informarase da nova data.

CONFERENCIA DE MAR ROMERA NA ESTRADA

Resultado de imagen de gifs conferencia

martes 10 de marzo ás 20:00 h no MOME da Estrada terá lugar a conferencia "A familia, a primeira escola das emocións", impartida por Mar Romera .

A conferencia está aberta a toda a comunidade educativa.

Pódese solicitar a inscrición en alcaldia@estrada.es ou no teléfono 986570030.

- Cartel informativo.

CONFERENCIAS EN LALÍN SOBRE EDUCACIÓN

Resultado de imagen de gif charla

O CFR de Pontevedra (sección Lalín), en colaboración co Concello de Lalín, organiza na primeira semana de febreiro as seguintes conferencias:

RELATOR CONFERENCIA DÍA LUGAR HORA
Mar Romera A familia, a primeira escola das emocións 6 de febreiro de 2020 Biblioteca municipal Varela Jácome de Lalín 20:00 h
Víctor Arufe Giráldez Claves para a boa educación dos nenos/as 1 de febreiro de 2020 Museo Ramón María Aller de Lalín 17:00 h
Distribuir contido


by Dr. Radut