Skip to Content

Documentos

SOLICITUDES

COMEDOR -

Neste curso 2023/2024, o comedor escolar do noso centro pasa a ser xestionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Funcionará de luns a venres, de 14:00 a 16:00 h.

As familias que desexedes ser usuarias do servizo de comedor escolar neste curso 2023/24 debedes cubrir o ANEXO II (Modelo de autodeclaración e especificacións) e entregalo no centro de dous xeitos posibles:

  • Presencialmente, na secretaría do centro, desde o día 5 ao 12 de xullo, en horario de 10:00 a 13:00 h.
  • Por correo electrónico no enderezo ceip.villar.parama@edu.xunta.gal desde o día 5 de xullo ata o día 1 de setembro.

Podedes simular o cálculo do prezo do comedor a través da calculadora que atoparedes no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

 

LEXISLACIÓN APLICABLE
Distribuir contido


by Dr. Radut