Educación Infantil

ORLA INFANTIL 2017/2020

orla_infantil.jpg

RECOMENDACIÓNS LECTORAS INFANTIL

Imagenes Juegos en la playa

Premendo no adxunto veredes unhas recomendacións de libros de lectura de infantil para este verán.

 

ORLAS E FOTOS DE INFANTIL

 De luns a venres, de 10:00 a 13:00 h, a partir do vindeiro luns 15 de xuño, poderán pasar polo centro as familias do seguinte alumnado de infantil:

  • O alumnado que comeza a etapa de infantil neste curso,para recoller un libriño con recomendacións para o período de adaptación, ao que tamén podedes acceder picando aquí.
  • O alumnado que rematou neste curso a etapa de infantil, para recoller as orlas.
  • O alumnado de infantil que cumpre anos durante o confinamento ou no verán, para recoller unha foto-montaxe do seu aniversario.

Picade nas imaxes para velas mellor.

E, para saber máis, ide ao blog de infantil, na barra lateral esquerda.

OS PINTORES DE INFANTIL

Retratos de Frida Kahlo realizados polo alumnado de infantil, dentro do seu proxecto "Os pintores".  Homenaxe a Frida Kahlo do alumnado de infantil.

Para ver máis vídeos e actividades de infantil, ide ao seu blog, na barra lateral esquerda.

RECOLLIDA DO MATERIAL DE INFANTIL

Buscando escuela infantil: La primera en la frente | La agenda de ...

As familias do alumnado de infantil podedes pasar polo centro recoller os libros e o material escolar que quedou nas aulas este venres, 29 de maio, de 10:00 a 13:00 h.

Recordade vir con máscara e sen acompañantes e respectar a distancia de seguridade de dous metros.

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN INFANTIL 3º TRIMESTRE

ACTIVIDADES INFANTIL ABRIL E MAIO

ACTIVIDADES INFANTIL ABRIL E MAIO

- Carta das profes ás familias.

- Aclaracións.

3 ANOS

- Repasamos.

 

 

valores11.gif 347×376 pixeles (com imagens) | Desenho de criança ... 

4 ANOS

- Letra ligada (ata a páx. 33).

 

- Repasamos.

 

5 ANOS

- Letra ligada (ata a páx. 37).

 

- Repasamos.

RECOMENDACIÓNS INFANTIL

Estimadas familias:

As mestras de educación infantil achegamos algunhas RECOMENDACIÓNS para este período de suspensión das clases. Esta proposta de actividades ten un carácter voluntario:

PROPOSTA ACTIVIDADES INFANTIL
Traballar en rutinas diarias para continuar coa adquisición da autonomía persoal. Resultado de imagen de gifs niño jugando
Actividades plásticas (plastilina, pintar...) e manualidades con material de refugallo.
Ler contos e facer preguntas sobre eles para traballar a linguaxe oral, debuxar algo do conto, escribir o título e algunha palabra significativa...
Facer crebacabezas, rasgado e recortado de papeis... para traballar a motricidade fina.
XOGAR (construcións, pelotas, xogos de mesa) e xogos de movemento (reptar, gatear, saltar, correr...) para desenvolver a motricidade grosa.
Facer xogos matemáticos (series, figuras xeométricas, conteos, asociación e números). Poden utilizar obxectos habituais do día a día, animais ou elementos naturais (pedras, paus, flores, plantas e outros elementos da contorna).
E, sobre todo, falar moito con eles/as para darlles tranquilidade e normalidade ante esta situación atípica.

 

MÁIS ACTIVIDADES
CADERNO DE TAREFAS - Caderno de 60 fichas de infantil AVISO DE REPARTO DE CIRCULAR A LOS ALUMNOS DE 1º CICLO DE PRIMARIA ...
ACTIVIDADES PLÁSTICAS    http://www.conmishijos.com/
https://www.pequeocio.com/
https://decopeques.com/manualidades-infantiles/
https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/
 APLICACIÓNS PARA TABLETA OU MÓBIL    PINKFONG. Trazos para escribir.
 SUPER PUZZLE
 SUMAS E RESTAS (varios niveis)
 LIGAZÓNS Contos para ver e ler: http://paracantarecontar.blogspot.com
Actividades lúdico-educativas: http://www.educa.jcyl.es/infantil
Actividades de iniciación á lecto-escritura: https://conteni2.educarex.es

 

CARTA DAS PROFES DE INFANTIL

Queridos nenos/as:

Como imos tardar un pouquiño en volver ao cole, madámosvos uns traballiños máis para que non vos aburrades e aproveitedes o tempo aprendendo cousas novas e continuando con outras que tivemos que deixar aparcadas…pero que temos que rematar!

Gustaríanos que seguirades preparando coa mesma ilusión a obra de teatro que faremos, por suposto, aínda que sexa con retraso. Para iso, seguide repasando o texto e mirando o vídeo en  YouTube de “Las tres Mellizas y Van Gogh“ para acordarnos do que fan os nosos/as compañeiros/as e cando temos que entrar na escena.

Vós, mamás e papás, falade con eles/as e preguntádelle  cal é o seu personaxe, que teñen moita información para darvos, e fixádevos no vestiario, que faremos algo moi sinxelo reutilizando cousas das que teñades pola casa.

Ademais, enviámosvos una serie de dirección e enlaces para que traballedes sen saturarvos, sempre disfrutando do que se fai, e, sobre todo, que XOGUEDES MOITO!

 

Moitos bicos e apertas das profes de Infantil.  

▷ Niños y Niñas: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

CONTACONTOS PARA INFANTIL

A asociación Nós Mesmas ofreceu onte, 10 de marzo, una sesión de contacontos ao alumnado de infantil.

REUNIÓN INFANTIL

Resultado de imagen de educacion infantil gif

O vindeiro venres, 6 de setembro, ás 11:00 h, terá lugar no centro unha reunión dos pais/nais e titoras de infantil para informar sobre o inicio do curso.

Distribuir contido