Skip to Content

Educación Física

REMATADO O MES DA RODA. QUE BEN O PASAMOS!!

20220216_125047

O pasado mes de febreiro o alumnado experimentou gran variedade de desprazamentos sobre rodas. Grazas á colaboración das familias que achegaron ao centro diferentes elementos; patíns, patinetes, monpatíns, triciclos, etc…  as sesións de Educación Física e Psicomotricidade centráronse na práctica destas Habilidades Motrices ao mesmo tempo que aprenderon normas e simboloxía relacionada coa Educación Vial.

Se queredes velos en acción premede na imaxe.

MELLORAS NO NOSO PATIO

20211005_112217

Desde o curso pasado estamos tentando mellorar o patio da nosa escola:

  • Incluímos un taboleiro de xiz e elementos de madeira que fomentan o xogo simbólico entre os máis cativos.
  • Equipamos a pista polideportiva exterior con dúas canastras de minibaloncesto.
  • Mercamos tres mesas de picnic para poder merendar, debuxar e xogar.
  • Realizamos préstamo de material deportivo para usar durante os recreos: cordas, balóns, raquetas, conos, etc...

Aínda que a chegada da pandemia limitou a nosa forma de organizarnos para xogar e movernos polos espazos do patio, seguiremos traballando para seguir pasándoo así de ben.

Tedes unha mostra de todas estas melloras nas Galerías.

NOS XORNAIS

Nos xornais de hoxe atopamos a noticia da visita ao centro do club de tenis de mesa Topspin:

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

TENIS DE MESA

IMG-20211126-WA0031.jpg

Este xoves recibimos no cole a visita do club de tenis de mesa Topspin do concello da Estrada, que estivo amosándolle ao noso alumnado o fácil e divertido que é iniciarse nesta especialidade deportiva.

O tenis de mesa é unha das moitas actividades que ofrece o concello a través das súas escolas deportivas municipais.

Visitade a Galería para ver as fotos.

XOGOS POPULARES

IMG-20211119-WA0033.jpg

Esta semana continuamos cos xogos populares do Magosto. Durante os recreos e na área de Educación Física gozamos dos 25 xogos tradicionais elaborados de xeito artesanal que nos presta desinteresadamente o concello do Grove.

Grazas pola iniciativa.

Pasádevos pola Galería para ver todas as fotos.

- La Voz de Galicia.

Á CARREIRA

A prensa local de hoxe ilustra con fotografías do noso alumnado a noticia do campionato zonal de campo a través celebrado hoxe na Estrada.

 Alumnado de 4º no Faro de Vigo.

 

Alumnado de 5º en La Voz de Galicia.

Tedes todas as fotos das carreiras nas Galerías.

- Clasificacións A Estrada 11 novembro 2021.

VOLVEN AS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS E AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA

Desde a escola queremos lembrar ás familias a importancia de estar activos polos beneficios para a saúde do corazón, do corpo e da mente. Cada movemento conta:

Podedes atopar información sobre as actividades deportivas ofertadas polo Concello e pola ANPA Outeiro de Vea nos seguintes enlaces. Animádevos a participar!!!

- Escolas deportivas do concello.

- Actividades extraescolares da ANPA.

 

VISITA DO PRAÍÑA CF

Praíña Sporting Club Coñece o teu clube

Dentro do Programa XOGADE promovido pola Xunta de Galicia, o Praíña SP.C. desenvolveu hoxe no noso centro a actividade “Coñece o meu club”, coa que os nenos/as gozaron exercitándose como inmersión ao deporte, cos obxectivos de impulsar a función integradora e a cohesión social e fomentar a práctica deportiva.

O Praíña segue adiante co seu Plan Estratéxico exercendo como motor deportivo e sociocultural no Val do Ulla e na súa contorna.

O Val de Vea é unha terra onde numerosos deportistas e colaboradores formaron e forman parte do club. Esperemos que algúns dos nosos alumnos/as se sumen a esta lista.

Central America Soccer Sticker by Claro Costa Rica for iOS & Android | GIPHY

- La Voz de Galicia.

- Galería de fotos.

CAMIÑO DA IGUALDADE

IMG-20210323-WA0058.jpg

Para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, realizamos múltiples actividades centradas en coñecer mulleres que, ao longo da historia, abriron camiño e foron exemplo en diferentes profesións e ámbitos da vida.

Con elas, realizamos unha actividade de sendeirismo, unha ruta marcada polas mulleres que ían atopando polo camiño.

O tempo acompañou e a rapazada pasouno moi ben.

Tedes as fotos nas Galerías e a noticia, no Faro de Vigo.

XOGOS POPULARES

IMG-20201120-WA0023.jpg

Esta semana, co gallo do MAGOSTO, contamos no centro cun pack de 25 Xogos Populares e Tradicionais elaborados a maioría con madeira.

Este material préstao desinteresadamente o Concello do Grove, a quen desde aquí queremos agradecer a súa iniciativa.

O alumnado puido experimentar e coñecer estes xogos contribuíndo á mellora das súas habilidades motrices e ao coñecemento das manifestacións culturais propias de Galicia.

A actividade levouse a cabo cumprindo coas medidas de desinfección e hixiene correspondentes.

Se queredes ver como gozaron, premede na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut