Skip to Content

Educación Física

PARTICIPAMOS NO PROGRAMA "XOGADE"

O centro participará este curso 2013/2014 no programa da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), que ten como finalidade a incorporación de hábitos de vida activa e saudable, a través da práctica regular de actividade física, exercicio físico e deporte na comunidade dos centros educativos. Premede na imaxe para obter máis información.

ADMISIÓN NO PLAN PROXECTA

O alumnado de primaria do noso colexio vai participar este curso 2012/2013 nos programas da Dirección Xeral para o Deporte Xogade e Máis e mellor actividade física, destinados a fomentar as actividades físicas e deportivas saudables.

Ambos os dous programas están incluídos no Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos da administración autonómica, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

Preman aquí para consultar a listaxe provisional de solicitudes admitidas no Plan Proxecta e mais a Resolución do 14 de agosto de 2012 pola que se convoca o devandito plan.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut