Skip to Content

PLAN PROXECTA

Proxecta

O noso centro resultou admitido para participar no Plan Proxecta durante o curso 2020/2021 no programa Proxectos de vida activa e deportiva - PDC.

O programa pretende axudar os centros docentes a elaborar o seu proxecto deportivo de centro / vida activa e saudable, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado. 

Buscamos que o 100%  do alumnado reciba información e asesoramento de como incorporar no seu día a día actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable, así como incrementar na súa estadía no centro a práctica de actividade física de calidade.



story | by Dr. Radut