Skip to Content

Actividades

BLOG DA BIBLIOTECA

Ademais de inaugurar a biblioteca do centro, inauguramos tamén este ano o blog da biblioteca do Souto, a cargo da profe Laura, coordinadora do equipo de biblioteca do centro.

Quédavos un enlace ao blog na barra lateral dereita desta web, para estardes ao tanto de todas as actividades e novidades que se produzan neste espazo vital da nosa escola.

Xa sabedes que tedes as fotos da celebración do Día das Bibliotecas, coma sempre, nas galerías, na pestana superior da web. 

 

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

O martes 24 de outubro foi o día das Bibliotecas Escolares. 

Nós para conmemoralo, aproveitamos esta data para a súa inauguración despois da remodelación que houbo o curso pasado.

Durante as semanas previas fixemos un concurso chamado "Blackout Poetry", nesta actividade que consistía en resaltar unhas palabras dunha páxina dun libro vello (así dáselle unha segunda vida) e compoñer unha frase poética; á súa vez fíxose un debuxo relacionado coa frase. Estes foron os gañador@es:

E así quedou a Porta da biblioteca!

 

 

Outra actividade para a inauguración foi: Padriños e Madriñas lectores. Esta actividade que consiste en que os máis veteranos do colexio lle len un conto aos máis pequenos e pequenas. Seguiremos cada mes apadriñando e amadriñando aos máis cativos!

ROSA CONTRA EL VIRUS

Resultado de imagen de rosa contra el virus

O profe Carlos, de AL (Audición e Linguaxe), proponnos un conto que nos explica o que é o coronavirus e outros virus: Rosa contra el virus.

Día do libro

Co gallo da celebración do Día do libro o Equipo de Biblioteca do centro, en colaboración coas diversas titorías, organizou unha exposición de materiais autoeditados nas aulas sobre diversos centros de interese e que conteñen textos, debuxos, poemas... creados polo alumnado do centro. Na táboa inferior pódese acceder á dixitalización destes materiais (premendo no enlace oportuno).

Corre Corre Cabaciña

(Educación Infantil)

Un mundo de animales

3º Educación Primaria

El mundo es un libro

4º Educación Primaria

Contos e Poemas

1º e 2º Educación Primaria

Dibujos y Cuentos

5º Educación Primaria

Cuentos de profesiones

6º Educación Primaria

   

"Os soños na gaiola"

de Manuel María

Alumnado de Primaria

(coordinado polo EDLG)

   
Distribuir contido


by Dr. Radut