Skip to Content

No centro

UN CONTO CHEO DE LOBOS

Estamos de en hora boa no cole: A clase de 4º de primaria vén de gañar o premio na categoría 3 (3º e 4º de primaria) a curtas de animación en galego no marco do programa Nós tamén creamos 21/22, coa curtametraxe Un conto cheo de lobos, baseada no libro do mesmo nome da editorial OQO.

Os nosos pequenos/as cineastas recibirán un televisor e unha invitación ao festival de Cans.

Parabéns aos premiados/as!

Curtametraxe Un conto cheo de lobos:

Expocine:

Makingoff:

 

Los alumnos del Villar Paramá protagonistas en los premios “Nos tamén creamos!”.

- Faro de Vigo.

PREMIO CURTA

- PODCAST

CANCIÓNS CON SUSA HERRERA

IMG_20220620_110737.jpg

Nesta última semana de curso recibimos a visita da artista galega Susa Herrera, que nos ofreceu unha actuación musical ateigada de cancións e coreografías nas que participamos todos/as.

- Fotos.

- Faro de Vigo.

2ª VISITA "SABOREA A ESTRADA"

IMG-20220518-WA0012.jpg

Onte, 18 de maio, realizamos no centro a 2ª actividade do proxecto do Concello da Estrada Saborea A Estrada: Plantar e instalar o refuxio de insectos.

  1. Trouxéronnos un maceteiro elevado no que plantamos plantas comestibles cuxos froitos son polinizados por abellas e outros insectos. Deberemos regalas e coidalas ata que dean o seu froito.
  1. Nese maceteiro instalaremos o refuxio de insectos que previamente teremos construído.
  1. Coas plantas e o refuxio de insectos instalado, explicarásenos o que acontecerá a continuación e do que deberemos ser moi observadores para descubrir as relacións entre plantas e abellas.
  1. Na cuarta semana de maio recollerase o maceteiro de cada centro escolar para levalo ao mercado, onde estará exposto ao público para devolver a cada centro cando estas actividades rematen.

- Fotos.

1ª VISITA "SABOREA A ESTRADA"

IMG-20220511-WA0011.jpg

Este mércores, 11 de maio, comezou no noso centro o programa do concello da Estrada Saborea A Estrada. Polinízame e cómeme, coa visita á clase de 4º de primaria da maleta das abellas.

Esta actividade consistíu na visita do profesor e divulgador de bioapicultura Xosé Manuel Durán Orús, que trouxo consigo unha maleta de cristal na que había un pequeno enxame de abellas cos seus panais. Coas abellas presentes e de xeito participativo e interactivo explicou:

  1. Que é a polinización das plantas e como os insectos son uns seres moi especiais para elas.
  1. Como é a vida no interior dunha colmea e como se organizan as abellas para polinizar as plantas e producir o mel.
  1. Como grazas á polinización as plantas dan froitos e sementes para así reproducirse e estenderse por toda a Terra.
  1. Que grazas á produción destes froitos e sementes nós podemos alimentarnos para así manter a vida no rural e no noso planeta.
  1. Cales son as ameazas que hai sobre os insectos polinizadores e como axudalos para que non desaparezan.
  1. Como construír un refuxio de abellas e outros insectos para que polinicen as nosas plantas. Terán unha semana para a súa construción con materiais reciclados e orgánicos doados de atopar no campo.
  1. Como debuxar, no interior dun hexágono tamaño A4, aquilo que nos resultou máis importante do que explicaron. Con todos os hexágonos confeccionaremos un gran panal que estará exposto no centro escolar.
  1. Como participar no concurso de debuxo "Carapuchos Abelleiros", no que o alumnado realizará un debuxo circular de 22 cm de diámetro (circunferencia no interior dun A4) sobre a importancia das abellas para o planeta. Os profesores de cada centro escolar escollerán un debuxo entre todos os presentados no seu centro. Os debuxos escollidos de cada centro vestirán os botes de mel que se ofrecerán na Feira do Mel da Estrada.
  1. Durante unha semana o alumnado participante, consultando coas súas familas, profesores/as e compañeiros/as, elaborará unha receita na que un dos ingredientes pode ser con mel para despois deliberar entre eles/as e escoller aquela receita que representará ao seu centro e que se elaborará os días 26 e 27 de maio polos cociñeiros/as presentes no Mercado da Estrada. Nesta fase contaremos coa presenza dun nutricionista.

Galería.

- Faro de Vigo.

SAAABOR!

IMG-20220404-WA0030.jpg

Onte, 4 de abril, puidemos gozar no noso centrodun espectáculo cómico titulado Saaabor! Coa mestura da música, a maxia, o humor e o ritmo pasamos unha hora moi divertida, ademais de aprender a cociñar pratos sorprendentes.

Se queredes ver que ben o pasamos, revisade ás Galerías.  

AXENTES FORESTAIS E BOMBEIROS NO COLE

Este venres, co gallo da celebración do Día da Árbore, visitáronnos os bombeiros forestais do distrito XVI. Con eles puidemos probar como funcionan as mangueiras do seu camión no caso de incendios no monte.

Ademais, o alumnado de 5º e 6º de primaria asistíu a unha charla immpartida por un axente medioambiental, na que se analizaron as consecuencias do lume na nosa biodiversidade.

Pasádevos pola nosa Galería para ver as fotos da actividade.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro martes 15 de marzo, ás 16 h, terá lugar no centro unha xornada de portas abertas para as familias do alumnado que solicitan admisión no noso centro para o curso 22/23.

No vídeo podedes facer unha visita virtual ao colexio.

TALLER DIDÁCTICO PILABOT

IMG-20220305-WA0011.jpg

Este venres, o alumnado de primaria participou nun taller didáctico de Pilabot tras resultar elixido o noso centro nun sorteo para designar 50 centros educativos de toda Galicia nos que se impartirán estes obradoiros. O taller versou sobre a reciclaxe de pilas e baterías e incluíu un Kahoot con preguntas sobre o tratado na charla, no que os nenos/as o pasaron moi ben ao tempo que aprenderon moito sobre o tema.

O noso centro participa este ano no concurso Pilabot de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia. O concurso repartirá catro premios entre os centros que máis pilas recollan.

Esta é a terceira edición dunha campaña organizada pola Xunta de Galicia xunto con Ecopilas, ERP e Ecolec.

Mirade as fotos do taller nas Galerías.

ENTROIDO "A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS"

AS ORDES DO MECO

IMG_20220218_135624.jpg

 Estamos na semana do Entroido, e xa temos aquí o Meco coas súas ordes, que hai que cumprir día a día, desde o luns ata o xoves.

Se queredes coñecer todas esas ordes, só tedes que premer aquí: ordes do meco.

E xa sabedes:

Pijama violeta en Pijamas - GIF Animado | REYGIF

Mañá xoves,

non te vistas ao saír da cama

e ven ao cole en pixama.

Distribuir contido


by Dr. Radut