Skip to Content

OBRADOIRO MEL DE GALICIA

O luns 27, tivemos no colexio unha charla sobre a elaboración do mel en Galicia.

Puidemos probar un traxe de apicultor e as súas ferramentas (como por exemplo o afumador), ver unha colmea, observar como nas alzas se distribuía o mel das celas, o proceso de extracción e, por último, o de envasado.

De recordo levamos de agasallo un tarriño de mel para probalo e un estoxo con material escolar.

E todo, grazas ó consello regulador da denominación de orixe protexida "Mel de Galicia".





story | by Dr. Radut