Skip to Content

Localización

A NOSA LOCALIZACIÓN

Onde estamos?

O CEIP "Manuel Villar Paramá" atópase en Outeiro de Vea (San Xurxo de Vea), Concello da Estrada, na PO-2008 (preme aquí para máis información).

Consta de dous edificios, o principal fundado no 1980 e o anexo, construído anos máis tarde, cando o primeiro non foi suficiente para albergar ao numeroso alumnado matriculado daquela.

 

Debe o seu nome a D. Manuel Villar Paramá, un mestre da zona de S. Andrés e un dos promotores da creación do grupo escolar de Couso que aglutinou ás unitarias máis cercanas, precedente do actual centro que finalmente anexionaría ás 13 unitarias que con anterioridade atopábanse no val de Vea.

Na actualidade, no noso centro están matriculados 115 nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria. Funcionan catro liñas de autobuses que distribúen á case totalidade do alumnado entre os dispersos núcleos rurais que conforman a nosa realidade xeográfica. 

Distribuir contido


by Dr. Radut