Skip to Content

A prensa do Deza

OBRADOIRO "FAI CLIC AO TEU BOCATA"

O pasado xoves, 27 de abril, de 11:00 a 13:00 h, e dentro do programa “FAI CLIC AO TEU BOCATA”, da Consellería do Mar, realizamos no centro un obradoiro que se dividiu en tres partes:

 

1ª: Presentación dos condutores do programa e dos personaxes PAN e LATA, protagonistas da actividade, que, xunto coa súa familia, nos situaron no mundo do cómic a través da proxección dun vídeo.

 

2ª: Presentación das características das conservas que se

degustarán no obradoiro, visualizando un vídeo onde aparece o

percorrido desde que os peixes están no seu hábitat natural ata que

chegan a ser parte dun bocata, pasando polo proceso de

enlatado.

 

3ª Realización dos bocatas e actividade lúdica.

Organizaron unha actividade en gran grupo mentres que, por grupos máis pequenos, foron pasando pola mesa de bocatas para escoller de xeito individual os ingredientes do seu.

 

Fixéronse tamén bocadillos para as persoas que presentan algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria, o que permitiu dar información de que son e cómo actuar para protexer a saúde de todos/-as os/as participantes.

 

Déronselle os bocadillos a cada alumno ou alumna

segundo llellos foron preparando, para que puidesen ilos comendo.

 

Ao rematarmos o obradoiro, entregáronselles agasallos ao alumnado e material didáctico aos docentes.

 

- GALERÍA DE FOTOS

- LA VOZ DE GALICIA

UN CONTO CHEO DE LOBOS

Estamos de en hora boa no cole: A clase de 4º de primaria vén de gañar o premio na categoría 3 (3º e 4º de primaria) a curtas de animación en galego no marco do programa Nós tamén creamos 21/22, coa curtametraxe Un conto cheo de lobos, baseada no libro do mesmo nome da editorial OQO.

Os nosos pequenos/as cineastas recibirán un televisor e unha invitación ao festival de Cans.

Parabéns aos premiados/as!

Curtametraxe Un conto cheo de lobos:

Expocine:

Makingoff:

 

Los alumnos del Villar Paramá protagonistas en los premios “Nos tamén creamos!”.

- Faro de Vigo.

PREMIO CURTA

- PODCAST

FIN DE CURSO EN CARBOEIRO

IMG_20220617_163644.jpg

Este venres, 17 de xuño, todo o alumnado do centro realizou unha excursión de fin de curso a Silleda para visitar o mosteiro de Carboeiro, comer na área recreativa da Carixa, practicar un pouquiño de sendeirismo e contemplar a fervenza do Toxa desde o miradoiro.

- La Voz de Galicia.

- Faro de Vigo.

- Fotos.

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz no centro, con poemas, bailes e cancións.

Iremos colgando nestes días as fotos e vídeos da celebración.

- Faro de Vigo.

ATLETISMO EN CUNTIS

IMG-20230529-WA0010.jpg

O venres 25 de maio participamos co alumnado de 5º de primaria nunha xornada deportiva e lúdica relacionada co atletismo e organizada pola Agrupación Deportiva da zona da Estrada e Cuntis no estadio da Ran. Alí gozaron dunha mañá de convivencia e fomento da vida activa.

- Fotos.

- Faro de Vigo.

FESTIVAL DE CANS

VIDEOCONFERENCIA SAÚDE ORAL INFANTIL

IMG20230508101106.jpg

Hoxe, 8 de maio, o alumnado de 1º ata 4º de primaria mantivo unha videoconferencia cunha dentista do Colexio de Dentistas da XI Rexión (Pontevedra-Ourense).

A charla enmárcase na Campaña de Saúde Oral Infantil do Consello Xeral de Dentistas de España, dirixida aos menores de entre 6 e 10 anos de idade de todos os centros escolares deste país.

Durante os meses de abril e maio, dentistas de toda España danlles charlas nos centros educativos aos menores, cun contido adaptado para a súa idade e con mensaxes de alimentación e hixiene básica, co fin de fomentaren hábitos saudables na poboación infantil, que de certo redundarán nun mellor benestar no seu futuro.

Ademais, xunto con estas charlas, facilitan fichas pedagóxicas para que, finalizada a exposición, se poida continuar coa formación nas propias aulas por medio de xogos co alumnado.

- Galería de fotos.

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

FOTOGRAFANDO RUTA DOS CRUCEIROS

O venres 28 realizamos a ruta dos cruceiros.

Partindo dun libro elaborado por antigo alumnado do colexio que fora dirixido por Olimpio Arca (editado pola A.C. Vagalumes), creamos o noso propio libriño de actividades, centrándonos só nos cruceiros máis próximos ao colexio, o cruceiro de Cora, o da Gándara e o de Santa Cristina.

Á súa vez quixemos resaltar tamén o noso pratrimonio máis enxebre, tanto material como inmaterial. Polo que nos propuxemos fotografar todo o que iamos atopando polo camiño e consideramos que nos é propio, vernáculo e que nos representa como pobo.