Skip to Content

Actividades

PLAN DIXITAL

Aquí podedes acceder ao Plan Dixital do centro, elaborado no curso 21/22 e que se poñerá en práctica no 22/23.

NAVEGA CON RUMBO

VII Edición del Plan Navega con Rumbo | Consellería de Cultura, Educación y  Universidad

O noso centro foi seleccionado para participar neste curso 22/23 no programa Navega con Rumbo, unha iniciativa impulsada pola Xunta en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. A resolución pode verse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39575

O programa Navega con rumbo pretende guiar o alumnado nunha navegación segura na internet de maneira útil e responsable e facilitarlles ferramentas aos docentes para o uso didáctico na aula

Especialistas do Colexio de Engeñería Informática ofrecerán xornadas divulgativas dunha hora de duración en 240 centros educativos, nas que se abordarán temas de interese, como as condutas de acoso e ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso das redes sociais. Ademais, a través dunha guía de boas prácticas, tamén se fará partícipes das recomendacións ao profesorado e ás familias, na medida en que se poidan converter en transmisores de boas prácticas de cara aos nenos/as.

E-DIXGAL

Webs de Interés. | Colegio Juan Ramón Jiménez

Como xa sabedes, o noso centro ofrece unha educación completamente dixital para as aulas de 5º e 6º de primaria desde o curso 20/21 a través do programa E-Dixgal.

No seguinte folleto tedes máis información sobre o proxecto:

- Folleto informativo E-Dixgal.

Tamén podedes consultar a web da Consellería:

- Espazo Abalar.

CORRELINGUA NA DISTANCIA

IMG-20211103-WA0022.jpg
 
Hoxe, de 12:00 a 13:00 horas, asistimos á festa final do Correlingua da Estrada deste 2021, conectándonos en directo desde cada clase co Teatro Principal da Estrada.

A actuación correu a cargo do Grupo “Música Miúda” e o evento estivo presentado e guiado por Fran Rei.

Participaron 1483 cativos e cativas dos centros da Estrada e Forcarei.

Tedes as fotos nas Galerías.

TEATRO VIRTUAL

DICCIONARIO DE TEATRO

O vindeiro martes, 3 de novembro, ás 10:00 h, os grupos de 1º e 2º de primaria conectaranse virtualmente a unha sesión de teatro para escolares incluída na programación de Actividades Escolares de Afundación Abanca.

Esta proposta teatral, titulada A festa continúa. Historias de ultratumba, trata a historia dun rapaz que non sente cóxegas nas fazulas e decide deixar de soñar. Porén, a música, o amor e a amizade faranlle volver a quecer as meixelas e devolveranlle unha alegría que todos acabarán celebrando cunha gran festa.

Mamá Cabra preséntanos un espectáculo en formato músico-teatral que é un canto á vida e a todas as súas manifestacións.

ENQUISA ACCESO TIC

pc-dibujo.png - Maria del Carmen

Segundo se establece no plan de continxencia do centro, "o equipo COVID do centro identificará o alumnado que teña dificultades de conexión ou falla de equipamento para que a consellería adopte as medidas oportunas que minimicen as eventuais dificultades da educación realizada por medios telemáticos".

Para dar cumprimento a este artigo, propoñémosvos que completedes a enquisa de acceso ás TIC que vos enviamos este venres en formato papel e que a entreguedes o vindeiro luns 19 de outubro.

Podedes descargar a enquisa tamén no adxunto.

GUÍA INSTALACIÓN ABALARMÓBIL

Para as familias que aínda non teñan descargada a aplicación Abalar Móbil nos seus teléfonos móbiles, resumimos aquí como facelo:

1. Entrar en Play Store (Android) ou APP Store (IOS).

2. No buscador escribir abalarMóbil e premer en INSTALAR.

3. Clicar en ABRIR e introducir o número de teléfono móbil do pai/nai ou titor legal.

4. Recibiredes un sms cun código que teredes que introducir para logo premer en ENVIAR.

5. Introducir un contrasinal e darlle a ACEPTAR.

6. O rexistro xa estaría completado.

Se, ao seguir todos estes pasos, sae unha mensaxe dicindo que non foi posible a instalación, será porque hai algún erro no resxistro do teléfono móbil na aplicación de xestión académica do alumnado. Nese caso, teredes que poñervos en contacto co centro para solventar o problema.

Antroido no Val de Vea

Recentemente o EDLG, en colaboración co Equipo de TICs do centro ven de dixitalizar un interesante documento sobre a celebración do Entroido e as tradicións ligadas ao mesmo no Val de Vea. Trátase dunha publicación que agrupa unha mixtura de artigos sobre temas diversos: persoaxes de entroido, tradicións, orixe das festas, traxes, entrevistas, comidas típicas así como a plasmación escrita dos Encontros realizados en varios anos (no 1943, 1947, 1973 ou 1981), todos eles realizados por alumnado do centro e dirixidos polo seu director de entonces D. Olimpio Arca Caldas.

Dende o EDLG entendemos da importancia da difusión deste documento como xeito de achegar a importante tradición e arraigo na nosa comunidade educativa desta festividade, especialmente no que se refire aos Encontros dos Xenerais da Ulla. Podedes acceder ao texto picando na imaxe inferior ou a través do seguinte enlace.

6º de Educación Primaria Curso 2013-2014

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

 

 

 

DIA ESCOLAR POLA PAZ 2014

 

O vindeiro Venres 31 de xaneiro celebraremos na escola o DÍA ESCOLAR POLA PAZ. Este ano traballaremos a importante figura de Nelson Mandela que recentementenos deixou.

Temos pensado realizar un pequeno acto cos nenos e nenas da escola onde cantaremos algunhas cancións e decoraremos unha pomba xigante.

Algunhas das musicas propostas poden verse na parte inferior da noticia, premendo nos enlaces que alí deixamos.

A primeira delas comprende o tema composto por Solomon Linda "Wimoweh" (Tamén coñecido como "The Lion sleeps Tonight" ou "Mbube"). Este é un canto de protesta contra o réxime do Apartheid en Sudáfrica. A través da figura do león represéntase este réxime de opresión que tamén tivo que vivenciar Mandela.

O segundo tema que imos traballar amosa unha relación máis evidente co autor homenaxeado. Tratase dunha versión en castelán do famoso tema "Joanna, give me hope" composta por Eddy Grant e que mesmo chegou a estar prohibida no país citado.

Finalmente completaremos o acto con cancións traballados noutros anos.

ENLACE VÍDEO WIMOWEH

ENLACE VÍDEO JOANNA GIVE ME HOPE

Distribuir contido


by Dr. Radut