Skip to Content

Letras Galegas

LETRAS GALEGAS

Este ano para conmemorar as letras galegas tivemos múltiples actividades:

  • HOMENAXEADO LETRAS GALEGAS 2022

Este ano o autor homenaxeado foi Florencio Delgado Gurriarán. No cole fixemos un mural imitando o "patchwork" co seu rostro, expuxemos os cartaces coa súa vida e obra enviados pola Xunta, e traballamos diferentes unidades didácticas.

  • TRAXE TRADICIONAL

En colaboración coa asociación Tamparrantán, tivemos unha exposición coas distintas pezas do traxe tradicional. Tamén fixemos unha unidade didáctica sobre o tema e un panel informativo sobre as diferentes pezas. Todo isto estivo exposto durantes semanas na entrada.

 

  • DEBULENDO LENDAS

Tivemos unha actuación coa técnica de teatriño xaponesa Kamishibai. Debulendo é unha mestura de debuxo e ler. Ademais contáronnos varias lendas galegas os rapaces e rapazas estiveron encantados estiveron debuxando e algúns deles saíron a participar no espectáculo.

 

  • MOSTRA DO TRAXE GALEGO

Contamos coa presenza de Edu da Asociación Cultural de San Andrés de Vea que nos explicou como son e como se utilizaban varias pezas do traxe tradicional, houbo varias profes que serviron de modelo. Puidemos ver pezas do traxe de gala e pezas do traxe decotío.

 

VÍDEO ACTUACIÓNS LETRAS GALEGAS

Xa tedes aquí o esperado vídeo musical das actuacións do Día das Letras Galegas, montado pola profe de Música.

Parabéns a todos e todas, porque o festival saíu fenomenal!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

IMG-20210514-WA0031.jpg

Onte, venres 14 de maio, celebramos no patio do cole o Día das Letras Galegas con dúas actividades:

  • Percorrido realizado polo artista noiés Serafín Marcos pola vida e obra dos escritores Xela Arias e Ricardo Carballo Calero, homenaxeados co Día das Letras Galegas neste ano 2021 e no ano pasado, respectivamente.
  • Bailes tradicionais galegos coa actuación de alumnado e profesorado do centro.

Xa están publicadas as fotos nas Galerías e, proximamente, teremos tamén á vosa disposición os vídeos das actuacións.

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

- Vídeo das actuacións.

Letras Galegas

O vindeiro venres 14 de maio, co gallo das Letras Galegas, realizaremos unhas danzas populares no patio. Se é posible, trataremos de ataviarnos dun xeito tradicional:

Gorro, camisa branca e saia longa ou pantalón de "vestir".

 

Aquí tedes unhas ideas:

RICARDO CARVALHO CALERO: A PELÍCULA

Velaquí o vídeo realizado polo profe de Audición e Linguaxe, Carlos, e o seu alumnado.

A xornalista Mantra Matiste viaxa ao pasado para investigar a vida de Ricardo Carvalho Calero. Cada viaxe no tempo provoca un cambio no seu aspecto, pero iso non freará a xornalista. Conseguirá o seu obxectivo?

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Este é o vídeo-conto colaborativo do equipo de dinamización da lingua galega do centro, o alumnado, as familias e os titores/as para conmemorar o Día das Letras Galegas, sobre o conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva, con ilustracións do alumnado de infantil e 1º, 2º e 3º de primaria e audios do alumnado de 4º a 6º de primaria.

CONCURSO LITERARIO

 Chega a cuarta edición do concurso literario organizado por ETAPAS Gabinete Psicoeducativo co fin de promover a figura de Ricardo Carvalho Calero, escritor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas, e, así mesmo, fomentar a lecto-escritura e a lingua galega. Premede na imaxe para saber máis.

AS LETRAS E A FALA

O 17 de maio é o Día das Letras Galegas, unha celebración instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola súa defensa da lingua galega. 

Neste vídeo de Uxía coa colaboración de Tanxugueiras e Faia escoitamos o poema A fala, de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2016:

O idioma é a forza

que nos xungue e sostén.

Se perdemos a fala,

non seremos ninguén.

 FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O pasado venres día 12 de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, tivo lugar no centro o tradicional Festival das Letras na honra do escritor seleccionado este ano pola RAG, Carlos Casares Mouriño. O acto estivo cheo de música, teatro, bailes e moita diversión da que podedes dar conta se atendedes ás imaxes que xa se atopan á vosa disposición nas Galerías.

Noraboa a todos e todas!!

LETRAS GALEGAS 2016

O día 20 de maio celebramos no centro o festival das Letras Galegas, dedicado ao autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega: Manuel María (1929-2004). 

- Folleto do festival.

- Fotos do festival.

Aquí vos deixamos algún material para que coñezades mellor o autor dunha chea de libros de todos os xéneros literarios (poesía, narrativa, teatro...) e un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos, ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2016 polo seu compromiso co idioma galego.

Tamén se enlazan a continuación outros materiais creados polo EDLG en colaboración con algunhas titorías sobre a figura de Manuel María:

Calendario 2016 creado no mes de xaneiro co alumnado.

Caderno conmemorativo dos autores homenaxeados. 

Transcrición do poemario "Os soños na gaiola" de Manuel María realizada  polo alumnado de Educación Primaria

Composición conmemorativa coas pegadas do alumnado e sobre a figura de Manuel María

Ambientación de espazos

Tríptico informativo con recomendacións bibliográficas

Distribuir contido


by Dr. Radut