
As familias do alumnado de 1º e 2º de primaria que o desexen poderán pasar polo centro para recoller os libros de texto e o material escolar que quedou nas aulas para que os poidan utilizar no traballo non presencial durante o que resta de curso.
As datas para esta recollida serán as seguintes:
- 1º de primaria: o mércores 20 de maio, de 10:00 a 13:00 h.
- 2º de primaria: o xoves 21 de maio, de 10:00 a 13:00 h.
Non é necesario devolver os libros de 1º e 2º ao centro ao finalizar o presente curso académico, dado que non son reutilizables en vindeiros cursos.
Prégase levar máscara e manter a distancia de seguridade de 2 metros en todo momento.
Só poderá acudir recoller o material unha persoa, sen ningún acompañante.
O resto de cursos de primaria pasarán recoller o material a semana que vén e os de infantil, a seguinte, en turnos. Iremos informando das datas nesta web.