Skip to Content

Orientación

ESCOLA DE FAMILIAS

O vindeiro sábado 20 de maio,continuando a labor que está a desenvolver o CFR en colaboración con Concello de implicar ás familias na necesaria colaboración coa escola na educación dos seus fillos/as, haberá unha conferencia a cargo de ALEJANDRO RODRIGO, autor do libro "Cómo previr conflitos con adolescentes. Claves para unha convivencia feliz".


A charla será na Biblioteca Municipal Varela Jácome, en Lalín, de balde e aberta a toda a comunidade educativa.

Premede na imaxe para vela mellor.

AXUDAS ALUMNADO NECESIDADE ESPECÍFICA APOIO EDUCATIVO

Qué es el Programa de Integración Escolar? - Ceapsi

Publicouse o 26 de abril de 2023 no BOE o Extracto da Resolución do 20 de abril de 2023, dSecretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidadespecífica de apoio educativo para o curso académico 2023-2024.

Pódense solicitar estas axudas desde o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023.

Podedes consultar todo o relativo a esta convocatoria no Departamento de Orientación do noso centro.

- Acceso á páxina do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

- Convocatoria no BOE.

PLAN DIRECTOR

Dibujos graciosos, Gracioso, Superhéroes

Un curso máis, ponse ao dispor dos centros docentes o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, como contribución á construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria.

O Plan, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrécelles aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

Neste marco, as clases de 5º e 6º de primaria recibirán dúas charlas por parte de persoal da Garda Civil:

  • 30 de novembro de 2022 ás 10 h: charla sobre novas tecnoloxías.
  • 13 de xaneiro de 2023 ás 10 h: charla sobre acoso escolar.

BOLSAS ALUMNADO NECESIDADE ESPECÍFICA APOIO EDUCATIVO 22/23

Ministerio de Educación y Formación Profesional

O prazo de presentación de solicitudes de bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo estará aberto desde o día 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.

Tedes toda a información na web do Ministerio de Educación e no departamento de orientación do noso centro.

Os interesados/as podedes pedir cita co orientador do centro para cubrirdes as solicitudes coa súa axuda.

AXUDAS ALUMNADO NECESIDADE ESPECÍFICA APOIO EDUCATIVO

Libros de texto | IES SAN PAIO

Publicada a Resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2021/2022.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 30 de setembro de 2021.

Tedes toda a información aquí.

CONFERENCIAS SOBRE SAÚDE EMOCIONAL

conferencia_lleida.gif | PymeSeguros
Dentro do marco Educación S. XXI, Afundación Abanca pon en marcha un ciclo de conferencias con Rafael Guerrero dedicadas á SAÚDE EMOCIONAL: 
  • 8 ABRIL | O cerebro do adolescente. Claves para entender as súas emocións 
  • 20 ABRIL | Que necesitan os nosos fillos para ser felices? Ferramentas e pautas
  • 6 MAIO | Que é a autoestima? Estratexias para potenciala en tempos de crise
  • 20 MAIO | Efectos da pandemia na saúde emocional de nenos/as e adolescentes. Como identificalos e atallalos

Todas elas terán lugar ás 18:00 h.

 
Para máis información:
 
Para anotarse ao ciclo de conferencias:
Ciclo sobre saúde emocional en nen@s e moz@s, con RAFA GUERRERO. 8 de abril ás 18:00.

PARENTALIDADE POSITIVA

Conociendo a la Cruz Roja Mexicana : Cancuníssimo

Desde Cruz Vermella infórmannos do seu proxecto “ Apoio á parentalidade positiva”, que ten como finalidade apoiar as familias con menores de idade ao seu cargo nas súas funcións de crianza e socialización ao longo do seu ciclo vital para que as necesidades e os dereitos da infancia sexan satisfeitos e para fomentar o goce de relacións familiares positivas que permitan o desenvolvemento dos seus membros.   

   

Dito proxecto, financiado pola Xunta de Galicia, terá unha aplicación de carácter práctico e contará con  catro talleres que se realizarán de xeito virtual, a través da ferramenta Teams   

   

Para máis información, podedes contactar nos seguintes enderezos: 

arosa@cruzroja.espontevedra@cruzroja.es 

ou ben nos teléfonos: 986 512 244 ou 986 571 057.   

 

- Folleto con información sobre a parentalidade positiva.

NOVO PORTAL WEB DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

Logo Xanela aberta á familia

Programa "Interreg España-Portugal"Proxecto RISCAR

A Consellería de Sanidade presenta o portal web “Xanela aberta á familia”, unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias, e a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”, que achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos.

  • Guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”: ligazón
  • Inscripción no sistema de avisos da “Xanela aberta á familia”: ligazón

Para achegar calquera consulta ou suxestión escribir a:Vida.saudable.eps@sergas.es

BOLSAS NEE

CERMI, ha denunciado un acto de discriminación hacia tres personas con  discapacidad - Autismo Madrid

Publicouse a Resolución de 31/07/2020, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2020-21. 

As familias cubrirán exclusivamente as solicitudes vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

As familias presentarán a solicitude no centro ata o 30 de setembro inclusive.

REABRE O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA ESTRADA

Educación y desarrollo social: LA ATENCIÓN TEMPRANA, AYER, HOY Y ...

O Concello da Estrada retomou o Servizo de Atención Temperá, que ten como finalidade promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos desenvolvemento ou en risco de padecelos, e á súa familia e contorno.

As familias que precisen información ou poñerse en contacto co servizo, poderán facelo no Departamento de Servizos Sociais do Concello, ou no teléfono 986573265.

Distribuir contido


by Dr. Radut