Skip to Content

Actividades

CONCILIA NADAL

Regalos y detalles infantiles de navidad para los niños 

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada ten previsto poñer en marcha o CONCILIA NADAL RURAL e o CONCILIA NADAL URBANO, unha iniciativa que busca ofrecer unha alternativa aos pais/nais durante as vacacións de Nadal.

Esta actividade levarase a cabo desde o día 23 de decembro ata o 7 de xaneiro e o prazo de inscrición abre hoxe e finaliza o 10 de decembro.

A cota de inscrición para familias empadroadas no municipio estradense será de 23,00 €, mentres que as familias non empadroadas pero cuxos pais/nais traballen no Concello terán unha inscrición de 38,50 €.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse no departamento de Servizos Sociais ou no rexistro xeral do Concello da Estrada en horario de 9:00 a 14:00 h, de luns a venres. Xunto coa solicitude deben adxuntar o DNI e vida laboral do pai e da nai.

 

Tedes toda a información nos seguintes documentos: 

- Carta informativa Concilia Rural.

- Ficha inscrición Concilia Rural.

- Carta informativa Concilia Urbano.

- Ficha inscrición Concilia Urbano.

OBRADOIROS DO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

O Museo de Historia Natural de Santiado de Compostela ofrécenos unha programación de Obradoiros para o confinamento, dispoñibles na súa web e nas súas redes sociais.
 
Estes días poden chegar a ser moi complicados, en especial para os máis pequenos das casas. Así, desde o MHN queren aportar a súa colaboración e presentar estas actividades dirixidas aos nenos e nenas da familia. Cada publicación contén unha actividade manual, unha ficha informativa e preguntas sobre o tema a tratar. Animan tamén a todos a enviar unha fotografía dos seus traballos para compartir nas súas redes sociais.
 
Todas as actividades estarán dispoñibles para descargar na súa web en formato PDF http://www.usc.es/museohn.
 

GALICIA LE

La plataforma GaliciaLe, para el préstamo electrónico en las ...

GaliciaLe é unha plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio, etc.) e todas as idades, o seu lugar.

En GaliciaLe, o lector atopará dous catálogos: un en galego e outro en castelán. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores. No caso dos libros, poderán lerse, ademais, desde un lector de libro electrónico.

VÍDEOS DO COLE

DÍA DA PAZ

DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

MAGOSTO

SAMAÍN

O SISTEMA SOLAR DE 3º

 

CURSO 2019/2020
Cuentos Infantiles Cortos | Cuentos Para Niños【con Audio】 Cuarentena Contacontos
Resultado de imagen de gifs carnaval 21 de febreiro: festival do Entroido Actuacións musicais do Entroido
Resultado de imagen de gif lazo NON VIOLENCIA XENERO 25 de novembro, Día da Non Violencia de Xénero La puerta violeta, de Rozalén.
Resultado de imagen de gifs recitar  29 de novembro: Festa da Poesía no Teatro Principal da Estrada Recitado de poemas
Resultado de imagen de cocinero gif 27 de novembro: Saborea A Estrada Visita ao Novo Mercado da Estrada

JUDO, NATACIÓN E PATINAXE

Resultado de imagen de gifs judoResultado de imagen de gifs natacionResultado de imagen de gifs patinaje

A ANPA do centro organizou o cadro das actividades extraescolares deste curso 2016/2017 (judo, patinaxe artística e natación), que podedes atopar no seu blog:

CAMPAMENTOS DE VERÁN

- Descargar modelo de inscrición.

Os rapaces e rapazas de 8 a 16 anos tamén poderán participar no campamento no mar organizado polo Concello da Estrada. Accedede a toda a información na seguinte ligazón:

- Campamento no mar.

ROCÓDROMO

Este é o estupendo rocódromo que vimos de instalar no patio para que o noso alumnado se inicie na escalada.

SAMAIN 2015

MAGOSTO 2015


Nuestra Música Favorita 6º Primaria

Distribuir contido


by Dr. Radut