Skip to Content

Saídas

TEATRO EN INGLÉS

VISITA TURÍSTICA POR SANTIAGO

luns 28 de novembro, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria viaxou a Santiago de Compostela para asistir no Auditorio de Afundación a unha obra de teatro titulada A aventura de aburrirse.

A aventura de aburrirse, de L’Estaquirot Teatre, falou sobre a motivación da creatividade e como facer reflexionar sobre a xestión do tempo aos máis pequenos. Rita é unha nena que, malia ter moitos xoguetes, sempre anda aburrida e non sabe xogar soa. Un día, na casa da súa avoa, cun simple parrulo de goma, comeza unha aventura que a levará a viaxar coa imaxinación ao mundo das cores, descubrindo personaxes sorprendentes.

Despois de ver a obra de teatro, fixemos un percorrido turístico pola cidade de Santiago, cunha guía moi especial: a profe Victoria.

Velaquí o vídeo da visita turística, para que tamén a gocedes vós.

FIN DE CURSO EN CARBOEIRO

IMG_20220617_163644.jpg

Este venres, 17 de xuño, todo o alumnado do centro realizou unha excursión de fin de curso a Silleda para visitar o mosteiro de Carboeiro, comer na área recreativa da Carixa, practicar un pouquiño de sendeirismo e contemplar a fervenza do Toxa desde o miradoiro.

- La Voz de Galicia.

- Faro de Vigo.

- Fotos.

EXPOSICIÓN NO NOVO MERCADO

O sábado 28 de maio, a partir das 12:00 h, terá lugar a 4ª actividade do programa Saborea A Estrada: unha Xornada de Portas abertas e Exposición no Novo Mercado da Estrada, aberta ao público e na que estarán expostos os maceteiros de cada centro educativo participante. Tamén haberá unha degustación de tapas e unha demostración culinaria na que poderán participar as familias e o alumnado que así o desexen. 

Animádevos a participar!

CHARLA E ANDAINA APRAZADAS

13 ideas de GIF | disenos de unas, animacion, animacion 2d

Por mor da climatoloxía adversa, queda aprazada ao mércores 11 de maio a xornada que a Concellaría de Deportes da Estrada tiña previsto organizar o próximo mércores 27 de abril para promocionar os hábitos saudables entre a mocidade estradense, en colaboración co Centro de Saúde e os centros educativos da Estrada.

Esta iniciativa, que durará dúas horas e media, incluirá unha charla informativa para os escolares no Teatro Principal, que será impartida pola pediatra do Centro de Saúde da Estrada, Eva García. Nela abordará os beneficios dunha alimentación saudable e a importancia do exercicio físico. Completarase a actividade cunha andaina de baixa dificultade aproveitando as rutas saudables coas que conta o Concello da Estrada.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria do noso centro comenzará a xornada coa charla informativa no Teatro Principal, para continuar coa andaina no roteiro desde A Baiuca ata Guimarei, regresando de novo ao Teatro Principal polo Camiño dos Arrieiros.

A actividade enmárcase dentro do proxecto “A Estrada Saudable”.

EXCURSIÓN SUSPENDIDA

Actualización de Práctica Profesional | Dirección de Extensión y  Vinculación - Universidad de Ixtlahuaca CUI

SUSPENDIDA por mor da chuvia a actividade de sendeirismo a Pontevea prevista para mañá.

CAMIÑANDO POLO VAL DE VEA

MARCHA SENDERISMO "GLORIA FUERTES" | CEIP Gloria Fuertes, Cobisa (Toledo)

O martes, 22 de xuño, terá lugar a saída de fin de curso con todo o alumnado do centro. Mantendo os grupos de convivencia, realizaremos 3 rutas de sendeirismo pola contorna do ríos Vea e Ulla, diferenciadas segundo as idades:

  • Educación infantil realizará un tramo do Camiño da Geira e dos Arrieiros, 1450 metros, dende o lugar de Barco (Couso).
  • 1º e 2º de Educación Primaria camiñará desde Vilacriste (Cora), sobre 2.350 metros.
  • 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria farán todo o tramo camiñando desde o centro escolar, unha distancia aproximada de 5 km. 

Rematarán todas as andainas na Praíña de Pontevea para merendar e realizar unha xornada de xogos ao aire libre. Regresaremos en autobús sobre ás 13:00 h.

 Todo isto se as previsións meteorolóxicas o fan posible.

Adxuntamos planos de cada ruta:

Sitio Web de CEIP Manuel Siurot - La Palma del Condado

- Plano xeral.

- Ruta infantil.

- Ruta 1º e 2º primaria.

- Ruta de 3º a 6º primaria.

VISITA A XIMONDE NA PRENSA

El alumnado del Villar Paramá visita el coto de Ximonde

Na prensa de hoxe aparece a noticia da nosa visita cultural a Ximonde:

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

- Fotos.

SAÍDA "RÍOS DA ESTRADA"

Rio gif animado - Imagui

O alumnado de 5º e 6º de primaria e o de 3º e 4º de primaria realizará os días 24 e 31 de maio, respectivamente, unha saída enmarcada na actividade de concienciación medioambiental OS RÍOS NA ESTRADA, . Está organizada polo Concello da Estrada e ten unha duración de 3 horas aproximadamente (de 10:00 a 13:00 h). 

Este proxecto ten como obxectivo espertar o interese pola conservación do patrimonio natural, cultural e paisaxístico que atesouran os nosos ríos. Na contorna do couto de Ximonde, os participantes realizarán prácticas de análise das diferentes características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais que teñen os cursos fluviais. Trátase de coñecer as relacións, pasadas e presentes, entre as persoas e os ríos, fomentando comportamentos a prol da conservación e mellora destes ecosistemas. Ademais realizaremos unha ruta de sendeirismo ata a Ponte Sarandón e, na medida do posible, coñeceremos o traballo que se realiza no Centro Ictiolóxico de Ximonde.

Este curso, como novidade, veremos a importancia dos macroinvertebrados como bioindicadores do estado de saúde do ecosistema, mediante a captura e identificación de larvas de insectos no río.

Recomendacións para o alumnado:

- Levar calzado axeitado para facer a ruta de sendeirismo (botas de montaña ou tenis).

- Levar roupa axeitada e cómoda; recomendamos pantalóns longos porque hai herba alta e estrugas.

- Traer impermeable se houbese posibilidade de chuvia.

- Levar lapis e goma.

VALES DESCONTO PARA O CINE

WEBQUEST EL CINE

Minicines Central da Estrada pon en marcha unha campaña entre os centros escolares da zona para incentivar o retorno ao cine, consistente no reparto de vales do 20 % de desconto no prezo da entrada, que quedaría así en 4,00 €. Os vales poden canxearse ata o 31 de maio.

O cine estradense, o único que segue aberto nas comarcas, mantén as súas limitacións de aforo no 30 %, polo que é recomendable solicitar reserva previa.

Nesta semana repartirémoslle os vales desconto ao alumnado do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut