Skip to Content

Secretaría

LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO ADMITIDO

Procedimiento de admisión de alumnado para el curso 2022-2023.  Instrucciones | C.P. ENRIQUE ALONSO

Desde hoxe, 11 de abril, podedes consultar no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de alumnado admitido no proceso de admisión 2022/23, segundo o establecido na ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro está admitido.

RESERVAS CURSO 23/24

Galicia lanza 156 plazas de empleo público - Galicia

Segundo o establecido na ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013, tedes publicados no taboleiro de anuncios do centro os postos escolares vacantes no proceso de admisión de alumnado para o curso 23/24.

PRAZAS VACANTES

CURSO 2023/2024

CURSO VACANTES PRAZAS RESERVADAS ALUMNADO NEAE
4º EI 14 3
5º EI 6  
6º EI 7  
1º PRI 15 3
2º PRI 15  
3º PRI 18  
4º PRI 17  
5º PRI 16  
6º PRI 11  

-O alumnado matriculado no noso centro ten garantida a súa permanencia nel e, polo tanto, o cambio de curso non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.


-Sen prexuízo da garantía de permanencia, os nais/pais/titores legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e prazos establecidos e deberán remitir ao noso centro copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.


-Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo.


-O horario de atención ás familias para tramitar o procedemento de admisión é o horario de secretaría que figura na barra lateral dereita desta páxina web.
 
-Anexo II solicitude admisión.

RESERVA PRAZA IES Nº 1

ADMISIONES – Colegio de Nuestra Señora de la Candelaria | Congregación de  Hermanas Franciscanas Misioneras de María Auxiliadora

Publicadas no taboleiro do centro as listaxes do alumnado de 6º de primaria admitido no IES Nº 1 da Estrada para o curso 23/24.

Todas as solicitudes foron admitidas.

ADMISIÓN ALUMNADO 23/24

Admisión 2021-2022 | Colegio Mª Inmaculada

O vindeiro mércores, 1 de marzo, comezará o proceso de admisión de alumnado para o curso 23/24. dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil e Primaria que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

Unha vez admitido o alumnado no centro docente, queda garantida a súa permanencia nel ata a finalización da etapa de primaria, sen prexuízo do dereito das familias a que soliciten a admisión noutro centro. Polo tanto, a variación de curso ou etapa non require novo procedemento de admisión.

Sen prexuízo da garantía de permanencia, os nais/pais/titores legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e prazos establecidos e deberán remitir ao noso centro copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.

O horario de atención ás familias para tramitar o procedemento de admisión é o horario de secretaría que figura na barra lateral dereita desta páxina web: de luns a venres, de 10:50 a 11:45 h.

- Anexo II (solicitude de admisión)

Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo de 2023.

Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2023.

  • Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a.
  • A solicitude será única segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

- Recollerse no centro, cubrila e entregala no centro.

- Cumprimentarse on line na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. Neste caso, poderase asinar a solicitude na Sede Electrónica ou ben entregala no centro.

- Descargarse e cumprimentarse de forma manual. Neste caso, a instancia deberá entregarse no centro no prazo indicado.

INFORMACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

Normativa de aplicación: 

RESERVA PRAZA NO IES Nº 1

RESERVA DE PRAZA INSTITUTO ALUMNADO DE 6º EP | CEIP San Francisco Javier

 O próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza no centro de adscrición (o IES Nº1) para o alumnado de 6º de primaria.

  • O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos. 

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Modelo solicitude

As familias de 6º de primaria poderedes cumprimentar as solicitudes de reserva a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado, no menú: Solicitudes > Reserva > Crear

Tamén podedes descargar o impreso de solicitude aquí (Anexo I. Reserva praza) ou pasar recollelo na Secretaría do centro.

Presentación solicitude

Esta solicitude deberase presentar no noso centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Para esta última opción precisades de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non.

 

Normativa de aplicación:

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Tu mejor opción en material escolar

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 está publicada a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 € recibirán un vale adicional de 25 €.

As familias poden recoller o vale de 25 € na secretaría do centro a partir do martes 18 de outubro, en horario de Secretaría: de 10:50 a 11:45 h.

No suposto de extravío do vale pola familia ou pola libraría, nunca se expedirá un duplicado.

As persoas beneficiarias deberán usar os vales nas librarías e demais establecementos o antes posible (preferentemente antes do 1 de decembro) e, en todo caso, antes do 10 de abril de 2023.

LISTAS DE MATERIAL

Donación de útiles escolares para niños de escasos recursos | Enero -  Febrero 2020 | Guatemala.com

As listaxes de material escolar irán aparecendo aquí conforme vaian estando dispoñibles. Ademais, o primeiro día de clase, o 8 de setembro, cada titor/a entregaralle ao seu alumnado unha lista impresa do material necesario no curso.

Lista material  
Lista material  
Lista material  
Lista material  
Lista material  
Lista material  
Lista material INGLÉS

 

3º: Un caderno pequeno de grampas de pauta ancha e con marxe e unha carpeta para gardar fichas.

5º:

  • OPEN UP ACTIVITY BOOK

       ISBN 9780194072977

  • Un caderno e unha carpeta (serven os do ano pasado)

6º: Unha carpeta clasificadora para fichas e un caderno.

CALENDARIO SETEMBRO

Libro GIFs | Tenor

Do 2 ao 7 de setembro de 2022.

  • Recollida de libros de texto do curso 22/23 do fondo solidario para 3º e 4º de primaria.
  • Recollida de vales para adquirir libros de texto e material escolar.

8 de setembro

  • Inicio da actividade lectiva.

PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO

COMUNICADO A DOCENTES NOTIFICADOS POR CORREO ELECTRÓNICO ~ UGEL CAYLLOMA

Hoxe estarán publicadas no taboleiro do centro as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto para 3º e 4º de primaria.

Lembrámosvos que o alumnado de 4º de primaria disporá de todos os libros de texto, procedentes do fondo solidario 21/22, polo que as familias de 4º non terán que comprar ningún libro.

LISTAS PROVISIONAIS FONDO SOLIDARIO E VALES

Avisos | sec2virtual

O xoves 7 de xullo estarán publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto para 3º e 4º de primaria.

Todo o alumnado de 4º de primaria disporá de todos os libros de texto no curso 22/23, procedentes do fondo solidario 21/22, polo que non será necesario que as familias de 4º de primaria compren ningún libro.

Ademais, xa podedes pasar polo centro recoller os vales para adquirir material escolar e libros de texto de 1º a 6º de primaria, desde o día 7 ao 12 de xullo, ambos os dous inclusive, de 10:00 a 13:00 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut