Skip to Content

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

FESTIVAL OLLOBOI

FESTIVAL DE CANS

DÍA DA FAMILIA

OS MAIOS

OS MAIOS

IMG20230508125444.jpg

Nas Galerías tedes as fotos da saída do 8 de maio para apañar pampullos pola contorna do centro cos que adornarmos o noso maio, instalado na entrada do cole.

E, no Faro de Vigo, a noticia.

Que contén un libro?

Que contén un libro? Para sabelo o alumnado do Ceip Villar Paramá fixo uns "Booktrailer" de diferentes libros que xa leron e que llo amosan a toda a comunidade educativa.

Aquí os tedes! 

 

 




FOTOGRAFANDO RUTA DOS CRUCEIROS

O venres 28 realizamos a ruta dos cruceiros.

Partindo dun libro elaborado por antigo alumnado do colexio que fora dirixido por Olimpio Arca (editado pola A.C. Vagalumes), creamos o noso propio libriño de actividades, centrándonos só nos cruceiros máis próximos ao colexio, o cruceiro de Cora, o da Gándara e o de Santa Cristina.

Á súa vez quixemos resaltar tamén o noso pratrimonio máis enxebre, tanto material como inmaterial. Polo que nos propuxemos fotografar todo o que iamos atopando polo camiño e consideramos que nos é propio, vernáculo e que nos representa como pobo.