Skip to Content

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

DÍA DE ROSALÍA INFANTIL

 

Segundo a iniciativa de AELG (asociación de escritores/as en lingua galega) unímonos ao recitado de poesías da Nosa Rosalía de Castro.

Aquí tedes o vídeo dos máis pequechos que acompañaron o poema con xestos.

VÍDEO ENTROIDO

 

 AQUÍ TEDES O VÍDEO DO ENTROIDO 2024 NO VILLAR PARAMÁ. (pincha na imaxe) 

 

CONCERTO

O venres 2 os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º acudimos ao auditorio de Galicia, para ver a obra "O gato con botas" con monicreques e amenizado todo coa música da Real Filharmonía de Galicia.

DÍA DA PAZ

Opasado martes celebramos o día da paz no colexio!

Os días previos estivemos pintando un banco da amizade, porque realmente a paz para nós comeza cunha boa amizade! Todo cheo de cores, que representa toda a diversidade que hai no mundo.

Temén fixemos pancartas e decoramos o colexio con mensaxes e con pombas.

Despois do recreo, o alumnado de 6º leu un manifesto, as distintas aulas alzaron a súa voz para dicir o que poñían as pancartas, os nenos e nenas de 3º bailaron un baile titulado "Hay un amigo en mi" e logo todos e todas xuntas bailamos a polca da Paz.

 

FELIZ DÍA DA PAZ EN VEA!

OS MANDATOS DA MECA

Comezamos coa festa do entroido! Para a semana, a MECA mándanos traer cousiñas para disfrazarnos e asía dar comezo ao entroido en Vea.

DÍA DA PAZ

IMG-20240130-WA0013.jpg

Mirade nas Galerías as fotos do Día da Paz.

Fin de Ano

O vindeiro xoves 21 de decembro celebramos no centro para o alumnado, unha festa de fin de ano. Logo do chocolate con churros que nos agasalla a ANPA Outeiro de Vea, iremos o salón de actos a escoitar uns cantos de Nadal e celebrar as badaladas. Para iso, cada nena e neno deberá traer, coa vosa colaboración, un tupper con doce uvas ou algo semellante (preferiblemente froita). O alumnado de Educación Infantil, se pode traer a froita picada agradecémolo. Ademais de xeito opcional, poderán vir vestidos elegantes para a festa, se así o desexan.

 

Moitas grazas e felices festas!

FESTA DA POESÍA

O xoves 14 de novembro, celebrouse no Teatro Principal da Estrada A XVII Festa da Poesía e os XX Premios Avelina Valladares de Poesía. O noso centro participou na festa co recitado dos poemas: Non chegarei a  de Yolanda Castaño e Ai, amor! de  Neira Vilas recitadas por Celia Godoy, Esther Pais, María Troitiño e Maruxa Mazás.

 

Concurso Tíralle da Lingua

O noso colexio participa no concurso Tíralle da Lingua 2023, que convoca a Asociación Pedagóxica Galega. Pinchade no enlace e poderedes escoitala!

https://www.as-pg.gal/Podcast/ShowPlayer.do?file=747&section=2

CALENDARIO DE ADVENTO

Desde Actividades Complementarias e Extraescolares e co Plan Proxecta de Nutriescolas. Deixámosvos un calendario de advento, no que hai que levar a cabo retos. Pinchade no enlace te animádevos a participar!

Calendario de Advento

 

Distribuir contido


by Dr. Radut