Skip to Content

Dependencias

VISITAS PARA SUPERVISAR AS OBRAS NO CENTRO

Cores Tourís, Pérez Ares, el alcalde estradense y la edil de Educación visitaron las obras del CEIP de Vea.

O mércores, 2 de setembro, o centro recibiu a visita do Delegado Territorial de Educación de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; o Xefe Territorial de Educación de Pontevedra, César Antonio Pérez Ares; o Alcalde da Estrada, José López Campos; e mais a concelleira de Cultura, Amalia Goldar, para supervisar as obras de construción dunha pasarela que unirá os dous edificios do colexio.

- La Voz de Galicia.

OBRAS NO COLEXIO

 A concelleira estradense de Educación, Amalia Goldar, visitou o colexio o día 28 de agosto, para supervisar o avance das obras de colocación dunha cuberta na zona que comunica os dous edificios do centro. A actuación supuxo unha inversión duns 3.500 euros e evitará que o alumnado e profesorado se mollen, principalmente nos meses de inverno, no paso diario entre ambas as dúas dependencias. Trátase dunha vella demanda cursada desde o colexio e a Asociación de Nais e Pais (ANPA). A obra quedará rematada antes do inicio do curso.

- Faro de Vigo.

NOVO APARCADOIRO

Comezamos o curso estreando novo aparcadoiro do transporte escolar, máis seguro para o alumnado. Premendo na imaxe, veredes a noticia recollida no blog da ANPA.

O noso centro

    O noso centro conta con dous edificios, nos que se distribúen, ademais das dúas aulas de Educación Infantil e seis de Primaria, as das especialidades e outros espazos de uso común como a Sala de Audiovisuais, a Biblioteca, o salón de Actos, a Sala de Informática, o Pavillón Polideportivo... Contamos ademais cunha ampla zona verde no noso patio, que tamén ten pista de fútbol, areeiro e espazos cubertos para cando chove. Se queres "dar unha volta" polas dependencias do noso centro, clica a continuación: 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvillarparama/galeria/thumbnails.php?album=7

Distribuir contido


by Dr. Radut