O luns 28 de novembro, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria viaxou a Santiago de Compostela para asistir no Auditorio de Afundación a unha obra de teatro titulada A aventura de aburrirse.
A aventura de aburrirse, de L’Estaquirot Teatre, falou sobre a motivación da creatividade e como facer reflexionar sobre a xestión do tempo aos máis pequenos. Rita é unha nena que, malia ter moitos xoguetes, sempre anda aburrida e non sabe xogar soa. Un día, na casa da súa avoa, cun simple parrulo de goma, comeza unha aventura que a levará a viaxar coa imaxinación ao mundo das cores, descubrindo personaxes sorprendentes.
Despois de ver a obra de teatro, fixemos un percorrido turístico pola cidade de Santiago, cunha guía moi especial: a profe Victoria.
Velaquí o vídeo da visita turística, para que tamén a gocedes vós.
Estamos de en hora boa no cole: A clase de 4º de primaria vén de gañar o premio na categoría 3 (3º e 4º de primaria) a curtas de animación en galego no marco do programa Nós tamén creamos 21/22, coa curtametraxe Un conto cheo de lobos, baseada no libro do mesmo nome da editorial OQO.
Os nosos pequenos/as cineastas recibirán un televisor e unha invitación ao festival de Cans.
Velaquí o vídeo do Día de Rosalía, que se acaba de facer público, gravado cunha cámara 360º. Podedes velo xirando o móbil ou desprazando a imaxe cos dedos/rato para acceder así ás tomas que máis vos gusten.
Hoxe 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. E o colexio para homenaxear a todas as mulleres científicas, pegámonos unha bochechas vermellas ao igual que aparecen elas en distintas ilustracións.